Corralejo, La Oliva

Corralejo é unha localidade do municipio de La Oliva, ao norte de Fuerteventura, unha das sete illas das Canarias. A súa poboación era de 13.618 habitantes en 2008.[1]

Dunas ao sur de Corralejo.

É un importante centro turístico, con extensas praias de area fina, xunto ao Parque Natural das Dunas de Corralejo e Illa de Lobos; é tamén o punto de partida para excursións en barco cara ao illote de Lobos.

As praias de Corralejo son a maior atracción da localidade. A zona conta con 11 km de area fina, xunto con algunhas pequenas baías ao longo da costa. Ademais, hai varios quilómetros de dunas de area nas proximidades, que foron designadas como reserva natural. As augas ao redor de Corralejo son claras e dun ton intenso de azul, pero vense afectadas polas fortes correntes. As praias da cidade son un pouco máis protexidas e teñen unha banda de roca volcánica ao longo da costa.

A localidade ten un equipo de fútbol, o Club Deportivo Corralejo.

Notas editar

  1. "Instituto Canario de Estatística". Arquivado dende o orixinal o 14 de novembro de 2010. Consultado o 17 de xullo de 2011.