Coronel

rango militar superior ao de tenente coronel e inferior ao de xeneral de brigada.

Coronel é o rango militar máis alto dos oficiais superiores dos exércitos.[1]

Xeralmente é o inmediato superior ao de Tenente Coronel e inmediatamente inferior ao de Xeneral de brigada.

Adoita exercer o mando en rexementos e bases militares.

Etimoloxía editar

A palabra coronel vén do francés colonel, e este do italiano colonnello (de columna de soldados), de colonna (columna), do latín columna.

España editar

En España un coronel é o xefe superior dun rexemento do Exército de Terra, do Exército do Aire e da Infantaría de Mariña. Na xerarquía militar española, o grao de coronel dos exércitos de Terra ou Aire, e da Infantaría de Mariña, é o equivalente ao de capitán de navío na Armada Española.

O seu grao é o primeiro da milicia en que se adquire o tratamento de señoría (usía) e ten ben prescritas as súas obrigas nas ordenanzas do exército.

Como distintivo do seu grao, leva tres estrelas de oito puntas paralelas na bocamanga da levita ou casaca, debaixo do galón do morrión e na faixa ceñidora do quepis ou da gorra, e como signo de mando o bastón desde 1736.

Notas editar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para coronel.