Cornelio Nepote

biógrafo e historiador romano

Cornelio Nepote (en latín, Cornelius Nepos), nado na Galia Cisalpina c. -100e finado en Roma c. -25, foi un biógrafo e historiador romano.

Infotaula de personaCornelio Nepote

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(la) Cornelius Nepos Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoc. 100 a. C. Editar o valor em Wikidata
Ostiglia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Mortec. 25 a. C. Editar o valor em Wikidata (74/75 anos)
Roma Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeRoma Antiga Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoProsa, poesía, biografía e ancient Latin literature (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
OcupaciónHistoriador da Antiga Roma , poeta , biógrafo , escritor , historiador Editar o valor em Wikidata
Período de tempoRepública Romana serodia Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua latina Editar o valor em Wikidata
Familia
Paisvalor descoñecido Editar o valor em Wikidata  e valor descoñecido Editar o valor em Wikidata
Cornelio Nepote.

Traxectoria editar

Coñécese pouco da biografía de Cornelio Nepote; ignórase o seu praenomen (primeiro nome), así como as súas datas exactas de nacemento e morte. En canto ao seu berce, sábese que era orixinario da Galia Cisalpina. Algunhas fontes citan a cidade de Hostilia, non lonxe de Verona; outros afirman que probabelmente foi Ticinum, a actual Pavia. Plinio o Vello refire que morreu no reinado de Augusto. Sen ningunha dúbida era traspadano, como o seu amigo Catulo, quen lle dedicou o seu libro de poemas; tamén estaban no seu círculo de amizades Cicerón e Tito Pomponio Ático.

Libre de preocupacións económicas (pertencía a unha familia de rango ecuestre), renunciou a facer carreira política, polo que non desempeñou ningún cargo público, senón que se entregou á súa afección literaria.

Obra editar

  • A súa obra principal é De viris illustribus, (Sobre os homes ilustres), e constaba polo menos de 16 libros de biografías sobre reis estranxeiros e romanos, xenerais, oradores, xurisconsultos, filósofos, historiadores, poetas e gramáticos, dos que só se conservou o terceiro, De excellentibus ducibus exterarum gentium ("Sobre os máis destacados xenerais dos pobos estranxeiros"), que contén a vida de 21 xenerais gregos máis a de Aníbal, Amílcar e Datames. Destaca nesa obra a vida de Aníbal, ao que describe en termos moi eloxiosos, a pesar de ser un dos inimigos ancestrais de Roma. As outras biografías corresponden a Milcíades, Temístocles, Arístides, Pausanias, Cimón de Atenas, Lisandro, Cabrias, Alcibíades, Trasíbulo, Conón, Dión de Siracusa, Ifícrates, Timoteo de Anaflistos, Epaminondas, Pelópidas, Axesilao II, Eumenes de Cardia, Foción e Timoleón de Siracusa. Consérvanse fragmentos doutros sete libros, en especial un moi extenso do décimo cuarto, que contén as vidas de Catón e de Ático. Ese procedemento de emparellar estraxeiros e romanos influíu en Plutarco e na súa obra Vidas paralelas, onde as figuras emparelladas son gregos e romanos. As biografías de Nepote incorporan algunhas novidades, por exemplo incluír un personaxe vivo, como Ático, ou incluír a personaxes políticos. A estrutura destas biografías é moi libre, e oscila entre dous modelos: a biografía alexandrina, fundada no esbozo dos feitos externos do personaxe e unha caracterización fundada en anécdotas, e a biografía peripatética, máis artística, á maneira de Plutarco. Segundo el mesmo, as súas fontes serían, especialmente:
  • De historicis Latinis (Sobre os historiadores latinos), obra da que se conservan dúas biografías, as de Catón o Mozo e a do seu amigo Ático.
  • Exempla (Actos exemplares), unha recompilación de anécdotas en cinco libros ordenadas por argumentos e actualmente perdida, que constituía un xénero literario novo para Roma.
  • Chronica, unha historia xeral en tres libros que tampouco chegou á actualidade e que refería sincronicamente os principais acontecementos das historias grega e romana.
  • Vita Ciceronis
  • Epistolae ad Ciceronem
  • Aemilii Probi de Vita excellentium

Nepote ten o mérito de introducir na literatura latina o xénero biográfico. Ademais ocúpase de personaxes e feitos alleos ao mundo romano, o que tamén é novo. O seu estilo é pobre en recursos, pero claro e sinxelo.

Estilo e lingua editar

O estilo de Nepote é breve e claro; posúe unha sobriedade aticista e móvese dentro do genus tenue, que lle dá á súa palabra un ton distendido. En canto á lingua, é clásica, aínda que non dunha pureza absoluta:

Edicións antigas editar

As edicións máis estimadas, segundo unha fonte decimonónica, o Dicionario de Bouillet, son:

  • A editio princeps, Venecia, 1471.
  • A de Johannes Andreas Bosius, 1806.
  • A de Karl Ludwig Roth, 1841.
  • A de Alfred Monginot, 1868.

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar