Corazón da escuridade

Corazón da escuridade ou O corazón do negror (en inglés: Heart of Darkness) é un libro de Joseph Conrad publicado orixinalmente por entregas en 1899, e en forma de libro en 1902. É unha viaxe cara a África, especialmente do río Congo.

Corazón da escuridade
"Heart of Darkness" en Youth: A Narrative, 1902
Autor/aJoseph Conrad
OrixeReino Unido e Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda
Linguainglés británico e lingua inglesa
Xénero(s)literatura de ficción e novela por entregas
Data de pub.1902
editar datos en Wikidata ]

Sinopse editar

A historia comeza nun barco onde traballa o protagonista e cóntalle aos seus compañeiros as súas aventuras nese río. Marlow, narrador da viaxe, é un mariñeiro inglés que decide pedirlle a súa tía que o axude para poder embarcar nun barco. A súa parente conséguelle o posto de capitán dun barco de vapor e a empresa que o contrata pídelle que vaia á procura doutro empregado dela, chamado Kurtz, quen se internou na selva e de quen xa non teñen noticias. Kurtz era o maior traficante de almafí da rexión.

Ao longo da súa viaxe, dáse conta de que os colonos non viven en condicións moi boas e a maioría deles non se asean como terían que facelo; vólvense como salvaxes nese aspecto. A única persoa que encontra o noso protagonista ben arranxado e limpo é un contable. Aos outros, é como se a selva se metese neles e non ó contrario. Tamén descobre o maltrato e as inxustizas que cometen os brancos cara aos indíxenas, considerados como seres inferiores ou caníbales.

Marlow, ao longo da viaxe, enfrontarase a ataques de indíxenas e á enfermidade.

Kurtz é o protagonista da historia de Marlow e no transcurso da viaxe aprende a coñecelo e a respectalo. Este personaxe aparece como idolatrado pólos indíxenas. Sábese que marchou a África porque quería gañar cartos rapidamente para poder casar cunha muller cuxa familia non o quería por non ter unha boa posición. Kurtz non é unha persoa que teña sempre un comportamento impecábel, ó contrario, incluso chega a maltratar ao seu axudante ruso pero noutros momentos considérano como un ser especial e algúns o tratan coma un Deus.

Cando Marlow por fin chega ata Kurtz, este está moi enfermo e pouco despois na viaxe de volta, morre, non sen darlle antes un feixe de papeis que Marlow repartirá entre un curmán de Kurtz, un periodista, e a muller que esperaba a Kurtz.

A viaxe de Marlow no corazón do continente africano amosa a realidade do colonialismo: unha realidade horrible e fría que pode conmover.

Traducións ao galego editar

Hai dúas traducións ao galego, con dous títulos diferentes:

Adaptacións a outros medios editar