Copa do Rei de Rugby 2015-2016

Na tempada 2015-2016 disputouse a 83ª edición da Copa do Rei de rugby, o torneo nacional máis antigo do rugby español. Organizado pola F.E.R., tiñan dereito a competir no torneo os sete equipos que ocupasen os primeiros postos na táboa da División de Honra unha vez rematada a primeira volta da liga regular. A UE Santboiana, que a esas alturas da liga ocupaba un deses sete primeiros postos, tiña pendente unha sanción que lle impedía disputar a Copa do Rei durante dous anos por mor da súa renuncia do ano anterior, de xeito que o dereito a participar nesta edición do torneo estendeuse ó oitavo equipo da liga. A final tivo lugar no Estadio José Zorrilla de Valladolid o día 17 de abril, e nela enfrontáronse os dous equipos da cidade, o V.R.A.C. e mailo C.R. El Salvador.[1] O resultado foi de 13-9 a prol do conxunto "chamizo", que gañou así a súa sétima Copa do Rei.

Copa do Rei
2014-2015 << 2015-2016 >> 2016-2017

O rei Filipe VI entregando a copa ó El Salvador.
OrganizadorF.E.R.
Edición83ª
Equipos7
CampiónCastela e León CR El Salvador
FinalistaCastela e León VRAC

Formato editar

O formato do torneo conta con 3 fases eliminatorias:

  • Cuartos de final: Eliminatoria a un único encontro. Emparellamentos por sorteo puro. O VRAC, campión de liga e copa o ano anterior, quedou exento desta fase eliminatoria debido á súa falta de datas por mor da participación do equipo en competicións europeas.
  • Semifinais: Eliminatoria a un único encontro. Emparellamentos por sorteo puro. O VRAC tivo que aceptar a condición de xogar esta eliminatoria como visitante a cambio de quedar exento na fase de cuartos de final.
  • Final: Un único encontro xogado nun campo elixido pola Federación Española de Rugby.

Participantes editar

Os sete equipos participantes saíron do campionato nacional de liga na súa División de Honra. Acadaban o dereito a participar na Copa do Rei os sete primeiros equipos da táboa ó remate da primeira volta, coa excepción da UE Santboiana, sancionada.

Así quedou a táboa da liga trala primeira volta. VRAC e Barcelona tiñan un encontro adiado. Os sete equipos clasificados para disputar a Copa do Rei están marcados en cor azul:

Posto Equipo Puntos PX PG PE PP P+ P- BO BD
1º.   VRAC 43 10 9 0 1 332 178 7 0
2º.   El Salvador 42 11 9 0 2 399 228 6 0
3º.   Alcobendas 39 11 8 0 3 335 230 6 1
4º.   Santboiana 37 11 7 0 4 372 233 6 3
5º.   Independiente 34 11 7 0 4 312 237 5 1
6º.   Cisneros 33 11 7 0 4 282 250 4 1
7º.   Ordizia 29 11 5 0 6 297 281 5 4
8º.   Getxo 22 11 4 0 7 252 350 5 1
9º.   Hernani 19 11 4 0 7 182 389 3 0
10º.   Barcelona 15 10 3 0 7 190 314 1 2
11º.   Gernika 13 11 2 0 9 249 347 1 4
12º.   CRC 5 11 0 0 11 182 347 1 4

Torneo editar

 
Encontro de semifinais entre o Independiente R.C. e o C.R. El Salvador en Santander.
 
O público de Valladolid encheu o Estadio José Zorrilla (26.100 espectadores) para ver a final entre os dous equipos da cidade, El Salvador e VRAC.
  • Cuartos de final: Encontro único (10 de xaneiro de 2016)
    • Getxo 19-27 Independiente
    • El Salvador 12-6 Cisneros
    • Ordizia 13-32 Alcobendas
    • VRAC exento
  • Semifinais: Encontro único (31 de xaneiro de 2016)
    • Independiente 12-26 El Salvador
    • Alcobendas 20-25 VRAC
  • Final: Encontro único (17 de abril de 2016)
    • El Salvador 13-9 VRAC
Cadro da competición
  Cuartos de final Semifinais Final
                       
    Getxo 19  
    Independiente 27  
      Independiente 12  
      El Salvador 26  
    El Salvador 12  
    Cisneros 6  
      El Salvador 13
      VRAC 9
    Ordizia 13  
    Alcobendas 32  
      Alcobendas 20
      VRAC 25  
   VRAC Exento  

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

Outros artigos editar