Copa do Mundo de Tríatlon

A Copa do Mundo de Tríatlon é unha serie anual de probas de tríatlon celebradas arredor do mundo. Está organizada pola Unión Internacional de Tríatlon (ITU).

Copa do Mundo de Tríatlon
Fundación1991
RexiónAfiliados á ITU
Máis laureadoMasculino:
Australia Brad Beven (4)
Feminino:
Australia Emma Carney (3)

Inaugurouse en 1991 nunha tentativa de crear unha tempada regular baixo a administración da ITU en paralelo ao Campionato do mundo de tríatlon, que se celebraba nunha soa proba. Con todo, isto significou que había un campión da Copa Mundial así como un campión mundial. Despois da tempada 2008 a ITU reorganizou as súas competicións de máximo nivel e creou a Series Mundiais de tríatlon, unha competición cunha serie de carreiras ao longo do ano que foi a sucesora do Campionato do mundo. Mentres, a Copa do Mundo foi relegada a unha competición de segundo nivel e reducíuselle o número de carreiras.[1] Dende a reorganización, os puntos obtidos na Copa do Mundo aplícanse só nun Ránking Mundial de atletas.[2]

Puntos editar

Na súa fundación, os primeiros vinte atletas de cada carreira gañaban puntos segundo a súa posición e o atleta con máis puntos ao final da tempada era nomeado campión da Copa do Mundo.

Escala anterior (1991-2008)
Posto 1.º 2.º 3.º 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20
Puntos 50 44 39 35 31 27 24 21 18 15 13 11 9 7 6 5 4 3 2 1

Coa reorganización en 2009 e a supresión do título de campión da Copa do Mundo decidiuse que puntos desta copa contarían nun ránking mundial. Isto fíxose para que os dous atletas con máis puntos na Copa do Mundo puidesen entrar no Ránking Mundial. Con todo, como para o ránking se contan as catro mellores actuacións do ano e as probas das Series Mundiais outorgan ata dúas veces e media os puntos das probas da Copa do Mundo, nunca se sumaron puntos da Copa a ningún atleta do top10.

(2009-2014)
Posto 1.º 2.º 3.º 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30
Puntos 300 278 257 237 220 203 188 174 161 149 138 127 118 109 101 93 86 80 74 68 63 58 54 50 46 43 40 37 34 31

Despois de 2014 o total de puntos da Copa do Mundo aumentou, outorgando 500 ao primeiro posto e un 7.5% menos a cada atleta subseguinte para os primeiros 50 atletas sempre que non superen o tempo de corte (5% do tempo do gañador nas probas masculinas e 8% nas femininas).[3] Con todo os puntos xa non contribuirían a uns atletas puntuación de serie mundial e só a uns atletas clasificación mundial.

Gañadores editar

Os campións da Copa do Mundo proclamábanse segundo os puntos totais acumulados en cada proba, con puntos dobres para as probas do Campionato do mundo de tríatlon. Os campións declarados dende 1991 a 2008 son:

Ano Campión masculino Campioa feminina
1991   Leandro Macedo   Karen Smyers
1992   Andrew MacMartin
  Brad Beven
  Melissa Mantak
1993   Brad Beven   Jo-Anne Ritchie
1994   Brad Beven   Jenny Rose
1995   Brad Beven   Emma Carney
1996   Miles Stewart   Emma Carney
1997   Chris McCormack   Emma Carney
1998   Hamish Carter   Michellie Jones
1999   Andrew Johns   Loretta Harrop
2000   Dmitriy Gaag   Michellie Jones
2001   Chris Hill   Siri Lindley
2002   Greg Bennett   Siri Lindley
2003   Greg Bennett   Barbara Lindquist
2004   Dmitriy Gaag   Anja Dittmer
2005   Hunter Kemper   Annabel Luxford
2006   Javier Gómez Noya   Vanessa Fernandes
2007   Javier Gómez Noya   Vanessa Fernandes
2008   Javier Gómez Noya   Samantha Warriner

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

Notas editar

  1. "ITU replaces one-day Elite World Championship with new six-race ‘Super Series’" (en inglés). 12 de setembro de 2008. Consultado o 20 de xuño de 2019. 
  2. "ITU World Triathlon Series RANKING CRITERIA" (PDF). www.triathlon.org (en inglés). Consultado o 20 de xuño de 2019. 
  3. "ITU Points List Criteria" (PDF). www.triathlon.org (en inglés). Consultado o 20 de xuño de 2019.