Copa de Europa de rugby 2010-2011

A tempada 2010-2011 da Heineken Cup foi a 16ª edición da máxima competición continental do rugby europeo, e na cal se proclamou campión de Europa por segunda vez o Leinster Rugby irlandés.

Modelo:Competición deportivaCopa de Europa de rugby 2010-2011
TipoCopa de Campións Europea de Rugby Editar o valor em Wikidata
Deporterugby a 15 Editar o valor em Wikidata
OrganizadorEuropean Rugby Cup Editar o valor em Wikidata
Liña de metaCardiff Editar o valor em Wikidata
Número de participantes24 Editar o valor em Wikidata
Localización  e  Datas
Período de tempotempada 2010-2011 Editar o valor em Wikidata
Intervalo de tempo10 de agosto de 2010 – 21 de maio de 2011 Editar o valor em Wikidata
Número de edición16 Editar o valor em Wikidata
Competición
Primeiro postoLeinster Rugby (2º) Editar o valor em Wikidata
Datos estatísticos
Partidos79 Editar o valor em Wikidata
Número de espectadores1.139.427 Editar o valor em Wikidata
Outro
Páxina web oficialepcrugby.com… Editar o valor em Wikidata

2009 Editar o valor em Wikidata
2011Editar o valor em Wikidata

Como viña sendo habitual nos últimos anos, 24 foron os equipos participantes, divididos en 6 grupos de 4, para afrontar a primeira fase da competición, que é a fase de grupos. Tralas 6 xornadas correspondentes a esta primeira fase, viñeron os cuartos de final e semifinais, a partido único, e a final. A primeira xornada foi o día 8 de outubro do 2010, e a gran final se disputou o 21 de maio do 2011, no Millennium Stadium de Cardiff.

O equipo defensor do título obtido na tempada anterior era Stade Toulousain, que acadara por 4ª ocasión o torneo na tempada 2009-10 vencendo na final a Biarritz Olympique.

Este ano Francia achegou 7 equipos ó torneo, Inglaterra 6, Gales 4, Irlanda 3, Escocia 2 e Italia 2.

Países con equipos nesta Heineken Cup

Calendario editar

Xornadas Datas
8-9 de outubro de 2010
15-16 de outubro de 2010
11-12 de decembro de 2010
18-19 de decembro de 2010
15-16 de xaneiro de 2011
22-23 de xaneiro de 2011
Cuartos 9-10 de abril de 2011
Semis 30 de abril-1 de maio de 2011
Final 21 de maio de 2011

A Heineken Cup é a máxima competición a nivel de clubs do rugby europeo, e para que os resultados na mesma non se viran afectados pola ausencia de xogadores importantes, o calendario desta tempada estivo condicionado pola disputa dos Tests Internacionais de Outono entre as seleccións do Hemisferio Sur que visitaron as seleccións do Hemisferio Norte. Así, durante o mes de novembro fíxose unha paréntese na competición. Ademais, nos meses de febreiro e marzo do 2011 tivo lugar o Torneo das Seis Nacións de rugby, e polo tanto neses 2 meses tampouco se disputou ningún encontro da Heineken Cup.

Equipos editar

Este ano Francia tivo 7 equipos no torneo xa que o ano anterior fora campión un equipo deste país, o Stade Toulousain. Dos 24 equipos participantes, 3 deles participaban este ano por primeira vez nesta competición: RC Toulon, Racing Metro 92 e Aironi Rugby, o equipo italiano que foi creado este ano.

  Inglaterra (6)   Francia (7)   Gales (4)   Irlanda (3)   Escocia (2)   Italia (2)
Leicester Tigers Stade Toulousain Cardiff Blues Munster Rugby Edinburgh Rugby Benetton Treviso
London Wasps Biarritz Olympique Ospreys Leinster Rugby Glasgow Warriors Aironi Rugby
Northampton Saints ASM Clermont Auvergne Llanelli Scarlets Ulster Rugby
Bath Rugby USA Perpignan Newport Dragons
London Irish Castres Olympique
Saracens RC Toulon
Racing Metro 92

Resultados editar

Fase de grupos editar

Ó remate da fase de grupos, os 6 equipos clasificados en primeiro lugar pasaron directamente á fase de cuartos de final, así coma os 2 mellores equipos restantes.

Play Offs editar

Os cuartos de final se xogaron o 9 e 10 de abril a partido único na casa dos 4 equipos con mellor puntuación final na fase de grupos.

O equipo franco-catalán de Perpignan xogou o seu encontro de cuartos como local no Estadio Olímpico Lluís Company de Barcelona diante de 55.000 seareiros, mentres que o equipo vasco-francés de Biarritz xogou o seu encontro de cuartos como local no Estadio de Anoeta da cidade de Donostia diante de 32.500 persoas.

As semifinais se xogaron os días 30 de abril e 1 de maio, con resultados a prol dos dous equipos locais, Northampton Saints e Leinster Rugby, que disputaron a final da Heineken Cup o 21 de maio no Millennium Stadium de Cardiff, en Gales. Ámbolos dous equipos xa foran campións de Europa unha vez.

Northampton Saints gañou a súa única Heineken Cup na edición 1999-2000 fronte a un equipo irlandés, Munster Rugby. Pola súa banda Leinster Rugby tamén sabe o que é gañar unha Heineken Cup. Fíxoo na edición 2008-2009 fronte a un equipo inglés, Leicester Tigers.

 
O escenario da final foi o Millennium Stadium de Cardiff, en Gales.
Cuartos de final Semifinal Final
                   
       
 Northampton Saints  23
 Ulster Rugby  13  
 Northampton Saints  23
   USA Perpignan  7  
 USA Perpignan  29
 RC Toulon  25  
 Northampton Saints   22
   Leinster Rugby   33
 Leinster Rugby  17
 Leicester Tigers  10  
 Leinster Rugby  32
   Stade Toulousain  23  
 Biarritz Olympique  20
 Stade Toulousain  27  


Final editar

Final
Competición Heineken Cup
Tempada 2010-11
Estadio Millennium Stadium (Cardiff)
Capacidade 72.456
Campión Leinster Rugby
Finalista Northampton Saints
Resultado 33 - 22
 
 
 
 
 
 
 
 
Campión


 
 
 
 
 
 
Finalista


A final disputouse no Millennium Stadium de Cardiff o día 21 de maio de 2011. Se enfrontaban o Leinster Rugby e o Northampton Saints nunha final inédita. Os irlandeses tiñan o obxectivo de acadar o seu 2º título en 3 anos, e os ingleses o 2º título 11 anos despois do primeiro. Ningún dos dous equipos tiña no seu palmarés unha derrota nunha final da Heineken Cup.

O camiño de ámbolos dous equipos ata chegar á final foi duro. Leinster Rugby tivo que eliminar a Leicester Tigers en cuartos de final e a Stade Toulousain nas semifinais. Northampton Saints enfrontouse a Ulster Rugby en cuartos de final e a USA Perpignan nas semifinais.

O francés Romain Poite foi elixido para arbitrar a final, que comezou ás 17:00 horas.

O encontro estivo dominado totalmente por Northampton Saints na primeira metade da final, que chegou ao tempo de descanso cunha vantaxe de 22 a 6 sobre Leinster Rugby, grazas a 3 ensaios de Phil Dowson, Ben Foden e Dylan Hartley. Foi o zagueiro inglés de Northampton Saints, Ben Foden, o xogador mais destacable desta primeira metade do encontro.

Non obstante, na segunda metade o equipo de Dublín reaccionou anotando 27 puntos seguidos e deixando a cero ó conxunto inglés. O apertura irlandés de Leinster Rugby, Jonathan Sexton, acadou o nomeamento de man-of-the-match pola súa actuación na segunda metade do encontro, na que dirixiu con éxito ó seu equipo e anotou 2 ensaios, 3 conversións e 2 golpes de castigo.[1] A estrela do conxunto irlandés, Brian O'Driscoll, pasou desapercibido no encontro.

Esta vitoria por 33 a 22 supuxo o 2º título de campión de Europa para Leinster Rugby, repetindo o éxito da edición 2008-09, e o 4º para un equipo irlandés nos últimos 6 anos.

No Millennium Stadium de Cardiff houbo 72.456 seareiros de ámbolos dous equipos, ateigando as bancadas do estadio.

Nese mesmo fin de semana se disputou a final da Amlin Challenge Cup (segunda competición continental) tamén en Cardiff, aínda que non no Millennium Stadium, senón no Cardiff City Stadium diante de 12.236 seareiros, e na cal se enfrontaron Harlequins e Stade Français. O resultado final foi 19 - 18 a prol do equipo de Londres.

Máximos Anotadores editar

Véxase tamén editar

Outros artigos
Ligazóns externas
  1. Un soberbio Leinster se proclama Rey de Europa por segunda vez, artigo de Marca do 21 de maio de 2011. (en castelán)
  2. "Lista de anotadores". Arquivado dende o orixinal o 23 de decembro de 2010. Consultado o 22 de decembro de 2010. 
  3. "Lista de ensaiadores". Arquivado dende o orixinal o 27 de decembro de 2010. Consultado o 22 de decembro de 2010. 
Tempadas da Heineken Cup/Champions Cup
1995/96 - 1996/97 - 1997/98 - 1998/99 - 1999/00 - 2000/01 - 2001/02 - 2002/03 - 2003/04 - 2004/05 - 2005/06 - 2006/07 - 2007/08 - 2008/09 - 2009/10 - 2010/11 - 2011/12 - 2012/13 - 2013/14 - 2014/15 - 2015/16 - 2016/17 - 2017/18 - 2018/19