Copa de España de fútbol sala

A Copa de España de fútbol sala é unha competición de fútbol sala española organizada pola LNFS que se disputa anualmente dende 1990, coincidindo co inicio da División de Honra.

Dende a súa primeira edición ata o presente, a Copa de España é disputada polos oito primeiros equipos clasificados ao rematar a primeira rolda da liga. Se a cidade organizadora conta cun equipo na División de Honra, xogará automaticamente a Copa xunto cos sete mellores clasificados. Os equipos se enfrontan entre eles en eliminatorias a partido único.

Na edición do 2007 ampliouse o número de participantes ata os 16 da máxima categoría do Estado español. Os equipos repartíronse en 4 grupos de 4 equipos cada un, baseándose na clasificación ao finalizar a primeira volta para elixir aos cabezas de serie. Os dous primeiros clasificados de cada grupo clasificouse para os cuartos de final, agás onde houbo un equipo da cidade organizadora, que pasa automaticamente a cuartos xunto co mellor clasificado do seu grupo.De cada grupo clasificaronse dous equipos para cuartos de final, excepto onde hubo un equipo da cidade anfritrioa, que pasou automaticamente a cuartos xunto o mellor clasificado do seu grupo. Esta variante só foi vixente para a competición dese ano.

Palmarés editar

Tempada Sede Campión Subcampión
1990 Lanzarote Interviú Lloyd´s Keralite Macer Castellón
1991 Zaragoza Caja Toledo Marsanz Torrejón
1992 Cáceres Marsanz Torrejón Sego Zaragoza
1993 Zaragoza Sego Zaragoza Caja Toledo
1994 Castelló Marsanz Torrejón ElPozo Murcia
1995 Murcia ElPozo Murcia CLM Talavera
1996 Castelló Interviú Boomerang Playas de Castellón
1997 Murcia Maspalomas Sol de Europa Boomerang Interviú
1998 Segovia Caja Segovia CLM Talavera
1999 Roquetas de Mar Caja Segovia Boomerang Interviú
2000 Torrejón de Ardoz Caja Segovia CLM Talavera
2001 Murcia Antena3 Boomerang Playas de Castellón
2002 Valencia Valencia Vijusa ElPozo Murcia
2003 Córdoba ElPozo Murcia Turística Interviú Boomerang
2004 Santiago de Compostela Boomerang Interviú Playas de Castellón
2005 Pamplona Boomerang Interviú Azkar Lugo
2006 Zaragoza Lobelle Santiago Boomerang Interviú
2007 Lugo Boomerang Interviú ElPozo Murcia Turística
2008 Cuenca ElPozo Murcia Turística Móstoles 2008
2009 Granada Inter Movistar ElPozo Murcia Turística
2010 Santiago de Compostela ElPozo Murcia Turística Xacobeo Lobelle Santiago
2011 Segovia FC Barcelona Alusport ElPozo Murcia Turística
2012 Logroño FC Barcelona Alusport Lobelle de Santiago
2013 Alcalá de Henares FC Barcelona Alusport ElPozo Murcia Turística

Equipos máis laureados editar

Equipo Campión Subcampión Anos campión
  Inter Movistar 7 4 1990, 1996, 2001, 2004, 2005, 2007 e 2009
  ElPozo Murcia 4 6 1995, 2003, 2008 e 2010
  FC Barcelona 3 0 2011, 2012 e 2013
  Caja Segovia 3 0 1998, 1999 e 2000
  Marsanz Torrejón 2 1 1992 e 1994
  CLM Talavera 1 4 1991
  Sego Zaragoza 1 1 1993
  Santiago Futsal 1 2 2006
  Maspalomas Sol Europa 1 0 1997
  Valencia Fútbol Sala 1 0 2002
  Playas de Castellón 0 4
  Azkar Lugo 0 1
  Móstoles 2008 0 1

Véxase tamén editar

Outros artigos editar