Copa Intercontinental de hóckey a patíns

A Copa Intercontinental de hóckey a patíns iníciase na tempada 1983-84 co formato de liguiña entre os mellores clubs de Europa e América. A segunda edición foi no ano 1985 mais os clubs europeos máis importantes non participaran. No ano 1986 pasa ao formato de final a dobre partido, ou ás veces a partido único. A edición do 2004 disputouse en Galiza baixo a denominación de Trofeo Xacobeo 2004.

Copa Intercontinental
Fundación1983
RexiónEuropa e América
Equipos4 equipos
Actual campiónCataluña FC Barcelona (7º título)
Máis laureadoCataluña FC Barcelona (7 títulos)

A partir do ano 2006 vaise crear unha nova competición nomeada Campionato do Mundo de clubs de hóckey a patíns. Esta competición disputarase en Luanda (Angola) e vai recuperar o formato das dúas primeiras edicións da Copa Intercontinental, unha liguiña entre 12 equipos de África, América e Europa. A segunda edición desta competición disputarase en Reus no 2008.

Historial editar

Edición Tempada Sede Campión Subcampión
I 1983 Sertãozinho (Brasil)   FC Barcelona   FC Porto
n/o 1985 Sertãozinho (Brasil)   Sertãozinho HC   Internacional
II 1986 Rawson, San Juan (Arxentina)   Unión Vecinal de Trinidad   FC Barcelona
III 1987 A Coruña (Galiza)   H.C. Liceo   Concepción PC
IV 1989 A Coruña (Galiza)   H.C. Liceo   CDU Estudiantil
V 1992 Sertãozinho (Brasil)   OC Barcelos   Sertãozinho HC
VI 1993 A Coruña (Galiza)   H.C. Liceo   CDU Estudiantil
VII 1998 Barcelona (Cataluña)   FC Barcelona   Unión Vecinal de Trinidad
VIII 2004 Santiago (Galiza)   H.C. Liceo   CDU Estudiantil
IX 2006 Alcoi (Comunidade Valenciana)   FC Barcelona   Olimpia PC
X 2007 Follonica (Italia)   AP Follonica Hockey   Concepción PC
XI 2008 Molins de Rei (Cataluña)   FC Barcelona   Concepción PC
XII 2010 Reus (Cataluña)   Reus Deportiu   Petroleros YPF
XIII (1) 2012 A Coruña (Galiza)   H.C. Liceo   Club Atlético Huracán
XIV 2013 Torres Novas (Portugal)   Benfica   Sport Recife
XV 2014 Barcelona (Cataluña)   FC Barcelona   Petroleros YPF
XVI 2016 Vic (Cataluña)   CP Vic   Club Atlético Huracán
XVII 2017 Reus (Cataluña)   Benfica   Reus Deportiu
XVIII 2018 San Juan (Arxentina)   FC Barcelona   FC Porto
XIX 2021 Porto/Lisboa (Portugal)   FC Porto   Sporting CP
XX 2022 Valongo (Portugal)   GSH Trissino   AD Valongo
XXI 2023 San Juan (Arxentina)   FC Barcelona   FC Porto

* (1) A causa do proceso electoral no que se encontraba o máximo organismo do hóckey a patíns mundial o partido da final non puido acadar relevancia, polo que os dous clubs decidiron de mutuo acordo considerar o partido como a final da Copa Intercontinental, solicitando o recoñecemento por parte do CIRH do equipo gañador do partido como campión da competición unha vez o organismo recobre a normalidade.[1]

Palmarés editar

Equipo Campionatos gañados
  FC Barcelona 7 (1983, 1998, 2006, 2008, 2014, 2018 e 2023)
  H.C. Liceo 5 (1987, 1989, 1993, 2004 e 2012)
  Benfica 2 (2013 e 2017)
  Unión Vecinal de Trinidad 1 (1986)
  OC Barcelos 1 (1992)
  AP Follonica Hockey 1 (2007)
  Reus Deportiu 1 (2010)
  Cp Vic 1 (2016)
  FC Porto 1 (2021)
  GSH Trissino 1 (2022)
Total 21 + 1

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar