Conxunto baleiro

conxunto que non contén ningún elemento

O conxunto baleiro é o conxunto matemático que non ten ningún elemento. Represéntase co símbolo Ø ou simplemente como {}, e cumpre:

Ø={x ∀ x ≠ x}.

Pódese representar tamén como:

Algunhas das súas propiedades son:

  • Para calquera conxunto A, o conxunto baleiro é un subconxunto de A: {} ⊆ A.
  • Para calquera conxunto A, a unión de A e o conxunto baleiro é A: A ∪ {} = A.
  • Para calquera conxunto A, a intersección de A e o conxunto baleiro é o conxunto baleiro: A ∩ {} = {}.
  • O único subconxunto do conxunto baleiro é o conxunto baleiro.
  • A cardinalidade do conxunto baleiro é cero.