Convento Lucense

convento xurídico do Imperio Romano

O Convento Lucense[1] (en latín: Conventus Lucensis), foi unha entidade administrativa romana da Gallaecia sita no Noroeste de Península Ibérica. O seu nome deriva da súa capitalidade, Lucus Augusti (Lugo), a cidade máis importante do convento e que rexía económica e administrativamente todo o territorio. Tiña como lindes o curso dos ríos Verdugo e Sil polo sur -que marcaba a raia co Conventus bracarensis-, polo norte a propia liña costeira desde O Morrazo ata a desembocadura do río Navia (territorio actual de Asturias, polo leste a propia serra dos Ancares, pertencendo o Courel xa probablemente ao Convento Asturicense.

Extensión do conventus lucensis dentro da Gallaecia (nome latino de Galicia) a finais do século III dentro do Imperio Romano.

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • KOCH, J.T. Celtic culture: a historical encyclopedia. 2006.
  • CHADWICK, H. Priscillian of Avila: the occult and the charismatic in the early church. 1976.