Contrabando

movemento clandestino de mercadorías

O contrabando é a entrada, a saída e a venda clandestina de mercadorías prohibidas ou sometidas a dereitos nos que se defrauda ás autoridades locais.[1]

Contrabandistas na costa inglesa.
Cadro de Georges Morland, 1792.

Tamén se pode entender como a compra ou venda de mercandorías evadindo os aranceis.

O contrabando como conduta humana editar

A conduta humana denominada contrabando inscríbese no marco do dereito penal económico. A economía das nacións necesita ter control sobre as súas importación e exportacións, por canto fai á vida dun país. Desta forma, considérase que comete contrabando aquel que exerce accións ou omisións, mediante unha conduta engañosa, co obxecto de lograr que determinada mercadoría eluda o control do servizo aduaneiro.

En Galicia editar

En Galicia foi famoso o contrabando na raia con Portugal, destacando, na posguerra, o de café, cobre e mesmo bacallau; durante a segunda guerra mundial, o de wolfram e, en tempos máis modernos, o de gando vacún. Por outra parte, cabe destacar no último terzo do século XX, o de tabaco que, posteriormente, derivou ao narcotráfico.

O contrabando na actualidade editar

 
Edificio da alfándega na Raia entre Galicia e Portugal, que deixou de ter uso en 1992 ao adoptaren España e mais Portugal o Acordo de Schengen.

Na actualidade, a desaparición de moitos monopolios estatais e a apertura de fronteiras á práctica totalidade dos produtos e ao liberalizatse gran parte dos mercados reduciu a incidencia e relevancia desta figura xurídica en moitos países do mundo.

Porén, o contrabando aínda adoita darse en produtos regulados por monopolios estatais e máis concretamente naqueleos fortemente gravados fiscalmente, o que implica que haxa unha gran diferenza entre o prezo económico real e o prezo final de mercado do produto. Esta diferenza é a que orixina a marxe que converte en atractivo o delito. Os casos máis comúns son os hidrocarburos e o tabaco,[2] así como o alcohol, aínda que este en menor medida.

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar