Constitución do Reino Unido

A Constitución do Reino Unido (Constitution of the United Kingdom) é o conxunto de leis e principios baixo os cales o Reino Unido é gobernado. Non é constituído dun único documento constitucional, como o é, por exemplo, a Constitución dos Estados Unidos. É, moitas veces, dito que o país ten unha constitución "non escrita", "non codificada" ou de feito ("na práctica").[1] A maior parte da constitución británica existe na forma escrita de leis, xurisprudencia, tratados e convencións.

O alicerce da constitución británica ten sido, tradicionalmente, a soberanía parlamentaria, segundo a cal os estatutos son aprobados polo Parlamento do Reino Unido, suprema e última fonte de dereito.[2] Isto significa que os membros do parlamento poden mudar a constitución simplemente ó aprobar novas leis. Porén, membros da Unión Europea teñen dificultado nese principio. O Decreto das Comunidades Europeas de 1972 coloca o Reino Unido baixo todas as leis da Unión Europea (e desabilita calquera disposicións acerca dos seus propios conflitos), o que pasa tamén cos outros estados-membros.[3]

Notas editar

  1. Barnett, H, Constitutional and Administrative Law, ed5 (2005, Londres: Cavendish) at 9. Conversly, "A written constitution is one contained within a single document or a [finite] series of documents, with or without amendments", id.
  2. Este principio foi enunciado polo famoso erudito xurídico Albert Venn Dicey, e pode ser encontrado, por exemplo, no xulgamento de Robert Megarry en 1982 no caso Manuel v Attorney General.
  3. Vexa Tribunal de Xustiza da Unión Europea casos Van Gend en Loos e Costa v. ENEL, e o Caso Factortame na Cámara dos Lores.