Consello de administración

O consello de administración é o órgano de dirección dunha sociedade mercantil. É un organismo representativo, pois os seus membros, chamados conselleiros, son representantes dos accionistas, propietarios da empresa. O consello de administración pode asumir colectivamente as súas responsabilidades de xestión ou ben atribuír determinadas funcións nun conselleiro delegado ou nunha comisión executiva.

Sala de xuntas dun consello de administración

As lexislacións determinan o número mínimo de conselleiros e a súa elección, responsabilidades, así como, os procedementos básicos na toma de decisións. En Galicia é aplicable a Lei de Sociedades de Capital que os define como un órgano consultivo, executivo e colexiado, composto por un mínimo de 3 conselleiros e un máximo de 12.[1] Ademais, estipula que debe reunirse polo menos unha vez por trimestre e que as súas decisións deben ser tomadas por maioría absoluta dos conselleiros asistentes á convocatoria, aínda que para delegar facultades débese contar coas dúas terceiras partes dos seus membros.

Notas editar