Consellería de Economía, Industria e Innovación

consellaría da Xunta de Galicia

A Consellería de Economía, Industria e Innovación é unha consellería da Xunta de Galicia que se ocupa da política enerxética, da planificación económica e empresarial e da promoción industrial. A súa actual conselleira é María Jesús Lorenzana Somoza.

Consellería de Economía, Industria e Innovación
Tipoconsellería da Xunta de Galicia
EnSantiago de Compostela
PaísGalicia
Na rede
http://ceei.xunta.gal/portada
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

A consellería de Industria incorporou ao longo da súa historia distintas competencias que, á súa vez, tamén fixeron parte doutras consellerías. É o caso do comercio, por exemplo, que en 1983 se incorpora durante uns meses á consellería de Economía e Facenda, do turismo que se incorpora a Industria entre 1985 e 1990 e entre 2005 e 2009. A partir de 2009 incorpóranse ademais as competencias de planificación da antiga consellería de Economía e Facenda, que agora queda reducida a consellería de Economía. En 2020 cedeulle a competencia de emprego á nova Consellería de Emprego e Igualdade.[1]

Conselleiros editar

  1. Ramón de Vicente Vázquez (1982-1983). Como conselleiro de Industria, Enerxía e Comercio.
  2. Juan Manuel de la Fuente (1983-1984). Como conselleiro de Industria e Enerxía
  3. Ramón Díaz del Río (1984-1985). Como conselleiro de Industria, Enerxía e Comercio.
  4. Luciano Asorey (1985-1987). Como conselleiro de Traballo, Industria e Turismo.
  5. Santos Oujo Bello (1987-1990). Como conselleiro de Industria, Comercio e Turismo.
  6. Xoán Fernández García (1990-1994). Como conselleiro de Industria e Comercio.
  7. Antonio Couceiro (1994-1999).
  8. Juan Rodríguez Yuste (1999-2005). A partir de 2003, como conselleiro de Innovación, Industria e Comercio.
  9. Fernando Blanco Álvarez (2005-2009). Como conselleiro de Innovación e Industria.
  10. Xavier Guerra (2009-2012). Como conselleiro de Economía e Industria.
  11. Francisco Conde López (2012-2023). Como conselleiro de Economía e Industria.
  12. María Jesús Lorenzana Somoza. Como conselleira de Economía, Industria e Innovación.

Estrutura interna editar

Secretarías e direccións xerais editar

Ademais da necesaria Secretaría Xeral da consellería, dirixida por José Ramón Pardo Cabarcos[2], a consellería de Industria conta coas seguintes direccións xerais:[3]

Entes adscritos á consellería editar

Notas editar