Dicasterio das Causas dos Santos

O Dicasterio das Causas dos Santos ( Dicasterium de Causis Sanctorum) é un dos departamentos da Curia Romana.

Dicasterio das Causas dos Santos
Tipocongregação religiosa católica e dicastério
Director/aMarcello Semeraro
Na rede
http://www.causesanti.va/
editar datos en Wikidata ]

O papa Paulo VI creouno o 8 de maio de 1969 como Congregación das Causas dos Santos (Congregatio de Causis Sanctorum) en substitución da Sagrada Congregación de Ritos instituída por Sisto V en 1588.

Trátase do organismo do Vaticano encargado de estudar os milagres, martirios e virtudes heroicas e de propoñer os diferentes exemplos de santidade para que o Sumo Pontífice proceda a realizar as canonizacións e beatificacións oportunas.

A Congregación conta actualmente con 34 membros, e o seu prefecto é o cardeal Angelo Amato.

A congregación converteuse en dicasterio na reorganización da Curia Romana en 2022, segundo a constitución apostólica "Praedicate evangelium".[1][2]

Lista de prefectos editar

Se levan unha † significa que faleceron.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar