Conflito do sur de Serbia

O conflito do sur de Serbia, tamén chamado conflito do val de Preševo foi unha loita entre o goberno federal iugoslavo e unha organización separatista albanesa coñecida como Exército de Liberación de Preševo, Medvedja e Bujanovac (UÇPMB), creada co obxectivo de anexionar esta zona do sur de Serbia central a Kosovo, con vistas a unha posíbel independencia deste territorio, aínda que non necesariamente unirse a Albania.[1]

Concellos serbios envolvidos no conflito.

Despois do final da guerra de Kosovo de 1999, unha zona de tres millas cadradas, denominada Ground Safety Zone (GSZ) estableceuse entre Kosovo (gobernado polas Nacións Unidas) e o interior de Iugoslavia. As unidades do exército iugoslavo non tiñan acceso á zona, só a policía. A zona de exclusión incluía principalmente a vila albanesa de Dobrosin, pero non Preševo.[2]

En 2001, como unha continuación da crise de Kosovo, producíronse choques entre forzas de seguridade iugoslavas e guerrilleiros albaneses vinculados ao Exército de Liberación de Kosovo (UÇK). O obxectivo do movemento albanokosovar era tomar o control de Preševo e Bujanovac (e tamén de Medvedja fóra do val pero na mesma zona) e dominalos até que as terras adxacentes, Kosovo e Macedonia Occidental, tamén estiveran baixo control albanés. Isto debería permitir a gradual apertura das fronteiras.[3]

Notas editar

  1. Morton, Jeffrey S. (2004). Reflections on the Balkan Wars. Palgrave Macmillan. páx. 57. (en inglés) Consultada o 12/12/2011.
  2. Morton, Jeffrey S. (2004). Reflections on the Balkan Wars. Palgrave Macmillan. páx. 18-21. (en inglés) Consultada o 12/12/2011.
  3. Presevo valley tension BBC News (en inglés) Consultada o 12/12/2011.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar