Segunda guerra de Nagorno-Karabakh

(Redirección desde «Conflito de Nagorno-Karabakh de 2020»)

A segunda guerra de Nagorno-Karabakh foi un conflito de 2020] armado entre as forzas armadas de Acerbaixán e a autoproclamada República de Artsakh, xunto con Armenia, na rexión de Nagorno-Karabakh, sendo a máis recente escalada de hostilidades no conflito sen resolver de Nagorno-Karabakh.

     Armenia      Territorio do antigo Óblast autónomo de Nagorno-Karabakh controlado pola República de Artsakh      Territorios que rodean o antigo óblast de Nagorno-Karabakh controlados pola República de Artsakh      Territorio reclamado pola República de Artsakh mais controlado por Acerbaixán     Territorio sen disputa de Acerbaixán     Territorio en disputa capturado por Acerbaixán.

As hostilidades comezaron a mañá do 27 de setembro de 2020 ao longo da liña de contacto de Nagorno-Karabakh. Ámbolos dous bandos informaron de baixas militares e civís.[1] En resposta aos ataques, Armenia e Artsakh introduciron a lei marcial e a mobilización militar total,[2][3] mentres que Acerbaixán introduciu a lei marcial e un toque de queda.[4] O 28 de setembro, Acerbaixán declarou unha mobilización militar parcial.[5]

Numerosos países e as Nacións Unidas expresaron a súa forte condena do conflito e pediron a ámbolos dous bandos unha desescalada nas tensións e o comezo inmediato de negociacións significativas,[6] mentres que Afganistán, Paquistán, Israel e Turquía expresaron o seu apoio a Acerbaixán. Turquía proporcionou apoio militar a Acerbaixán, aínda que o alcance deste apoio non está claro.[7] Francia expresou o seu apoio a Armenia, e Irán foi acusado de apoiar a Armenia a pesar das súas peticións de paz na rexión.[8][9] Crese que Arabia Saudita e os Emiratos Árabes Unidos tamén apoiaron a Armenia neste conflito.[9]

Os analistas internacionais consideran que o conflito foi iniciado por Acerbaixán,[7][10] e os principais obxectivos desta ofensiva serían capturar distritos do sur Nagorno-Karabakh, que son menos montañosos e máis doados de tomar que a rexión do interior fortemente fortificada.[11][12] O apoio de Turquía a Acerbaixán crese que é un intento por estender a súa área de influencia ao aumentar as posicións de Acerbaixán no conflito ao tempo que marxina a influencia de Rusia na rexión.[7][13]

Notas editar

  1. Al Jazeera, ed. (27 de setembro de 2020). "Fighting erupts between Armenia, Azerbaijan over disputed region". Consultado o 27 de setembro de 2020. 
  2. BBC News, ed. (27 de setembro de 2020). "Armenia and Azerbaijan erupt into fighting over disputed Nagorno-Karabakh" (en inglés). Consultado o 27 de setembro de 2020. 
  3. Reuters, ed. (27 de setembro de 2020). "Nagorno-Karabakh announces martial law and total mobilization". Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2020. Consultado o 27 de setembro de 2020. 
  4. Reuters, ed. (27 de setembro de 2020). "Azerbaijan's parliament approves martial law, curfews – president's aide". Consultado o 27 de setembro de 2020. 
  5. Azeri Press Agency, ed. (28 de setembro de 2020). "Partial mobilization announced in Azerbaijan". Consultado o 28 de setembro de 2020. 
  6. "UN Security Council calls for immediate end to fighting in Nagorno-Karabakh". France 24 (en inglés). Associated Press. 30 de setembr de 2020. Consultado o 30 de setembro de 2020. 
  7. 7,0 7,1 7,2 Kofman, Michael (2 de outubro de 2020). "Armenia–Azerbaijan War: Military Dimensions of the Conflict". Russia Matters. Belfer Center for Science and International Affairs. Arquivado dende o orixinal o 03 de outubro de 2020. Consultado o 08 de outubro de 2020. Turkey has publicly, and militarily, backed Azerbaijan in this conflict.... 
  8. Sofuoglo, Murat (28 de setembro de 2020). "What's Iran's role in the Armenia–Azerbaijan clash?". TRT World. Consultado o 7 de outubro de 2020. 
  9. 9,0 9,1 Fenton-Harvey, Jonathan (6 de outubro de 2020). "How the Armenia–Azerbaijan conflict could spiral into a proxy war". The New Arab. Consultado o 7 de outubro de 2020. 
  10. Kucera, Joshua (29 de setembro de 2020). "As fighting rages, what is Azerbaijan's goal?". EurasiaNet (en inglés). Consultado o 29 de setembro de 2020. 
  11. Palmer, James (28 de setembro de 2020). "Why Are Armenia and Azerbaijan Heading to War?". Foreign Policy. Consultado o 29 de setembro de 2020. 
  12. "'Забуксовала, заглохла': эксперт о военной операции Азербайджана в Карабахе" (en ruso). EurAsia Daily. 2 de outubro de 2020. Азербайджанская армия не выполнила за 5 дней ни одной задачи первого дня. Михаил Ходарёнок 
  13. Gall, Carlotta (2020-10-01). "Turkey Jumps Into Another Foreign Conflict, This Time in the Caucasus". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2020-10-04. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar