Confederación Xeral do Traballo

sindicato anarquista español

A Confederación Xeral do Traballo de España, a CXT, é un sindicato de orientación anarquista nado en 1979 a raíz da ruptura ou escisión da CNT-AIT coa chegada da democracia representativa e o posterior proceso de reorganización e reestruturación dos sindicatos (en 1977).

Confederación Xeral do Traballo (CXT)
Sindicato de España
LíderJacinto Ceacero
Fundación1979
SedeC/Sagunto, 15, 1º. 28010 Madrid España España
IdeoloxíaAnarcosindicalismo
Sindicalismo revolucionario
Filiación internacionalSolidaridad Internacional Libertaria
Coordinadora Roja e Negra
Afiliados60.000
Delegados sindicais5.000
www.cgt.es

Traxectoria editar

 
Manifestación en Madrid.

É a terceira forza sindical española en representantes sindicais a gran distancia de CCOO e mais da UXT, mantendo unha lixeira vantaxe sobre a Unión Sindical Obreira[Cómpre referencia]. Ten forte presenza en Renfe e na industria do automóbil, especialmente en SEAT, Renault, Volkswagen e Ford. Tamén destaca a súa presenza nas Administracións Públicas, nos Correos e nos sectores de Banca, Sanidade e Ensino. Conta con 5 000 delegados sindicais e membros de Comités de Empresa, 60 000 afiliados e máis dun millón de votos entre os traballadores nas eleccións sindicais.

A CXT destacou nos últimos conflitos da SEAT e na folga dos traballadores de terra de Iberia en Barcelona, alén de nas últimas mobilizacións pola regulación dos traballadores inmigrantes en España.

 
Reunión do sindicato.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar