Condado de Treviño

Condado de Treviño é un concello español da provincia de Burgos (Castela e León). Xunto co municipio de La Puebla de Arganzón forma o enclave de Treviño, situado dentro da provincia vasca de Áraba. A capital do municipio é a localidade de Treviño.

Modelo:Xeografía políticaCondado de Treviño
Trebiñu (eu) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 42°44′05″N 2°44′50″O / 42.734722222222, -2.7472222222222Coordenadas: 42°44′05″N 2°44′50″O / 42.734722222222, -2.7472222222222
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCastela e León
Provinciaprovincia de Burgos Editar o valor em Wikidata
CapitalTreviño (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Treviño (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación1.479 (2023) Editar o valor em Wikidata (5,67 hab./km²)
Xeografía
Superficie260,71 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude552 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor em WikidataIgnacio Portilla Moraza (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal09215, 09216, 09217 e 09294 Editar o valor em Wikidata
Código INE09109 Editar o valor em Wikidata

Páxina webcondadodetreviño.es Editar o valor em Wikidata
Situación de Treviño (España)
Mapa de Áraba, cos seus concellos, no que se observa o baleiro que corresponde ao Condado de Treviño
Mapa da provincia de Burgos, no que se observa a localización de Treviño.

Historia editar

Na entidade local menor de Laño aínda se poden ver as covas artificiais que foran habitadas por ermitáns hai uns mil quiñentos anos. O conxunto de Las Gobas conserva gravados de figuras de animais e inscricións.

A fundación oficial de Treviño tivo lugar en 1161 polo rei de Navarra Sancho VI o Sabio, mais en 1200 pasa a poder de Castela logo da vitoria obtida polo rei castelán Afonso VIII, durante a guerra sostida contra o monarca navarro, pasando a ser, desde ese momento, o Condado de Treviño unha parte máis de Castela ata hoxe.

Ao ficar nunha encrucillada de vías durante a Idade Media, desenvolveuse aquí unha próspera poboación xudía. Sáseta foi unha das aldeas que antes se desenvolveron, ao estar na entrada no Condado do "Camiño do Viño e o Peixe" (Camiño Real que comunicaba os vales do Ebro coa costa cantábrica).

O 8 de abril de 1366, Henrique II de Trastámara concedeu a Pedro Manrique, como pago polos servizos por el emprestados, a vila de Treviño de Uda, con todas as súas aldeas e termos, polo que a comarca pasa de ser zona de reguengo a zona de señorío. Un bisneto de Pedro, Diego Gómez Manrique, recibiu do rei Xoán II de Castela, en 1453, o título de conde de Treviño. Un fillo deste, Pedro Manrique de Lara, recibiu dos Reis Católicos o título de duque de Nájera, título que hoxe día ostentan aínda.

No século XVI, os condes de Treviño, que eran xa, desde 1593, duques de Nájera, construíron o seu pazo, na actualidade Casa do Concello da Vila.

 
Autovía do Norte (Nacional I) ao paso por Treviño.

Política editar

As eleccións de 2003 deron, no concello de Condado de Treviño, cinco concelleiros á Agrupación Electoral Independiente del Condado de Treviño e catro ao Partido Popular. A Agrupación Electoral Independiente, favorábel a que o condado pase a depender administrativamente de Áraba, fíxose co goberno municipal.

As eleccións municipais de 2007 deron, no municipio de Condado de Treviño, catro concelleiros ao Partido Popular, tres concelleiros á Agrupación Electoral Indepiendente del Condado de Treviño, un para o PSOE e outro para ANV.

En 2011 EAJ/PNV e Bildu logran un concelleiro cada un sendo o único municipio non vasco nin navarro con representación de devanditos partidos nacionalistas.

Reivindicación territorial editar

Desde hai ben anos, as forzas políticas presentes en Áraba reclaman e consideran este territorio como parte de Áraba. Celebrouse unha consulta e a maior parte da poboación, residente en Treviño, mostrouse a favor de solicitar un referendo ao respecto. A Deputación de Burgos e a Xunta de Castela e León, pola súa parte, opóñense a que o Condado deixe de formar parte de Burgos.

O Estatuto de Autonomía de Castela e León esixe, para que Treviño se incorpore a Áraba, un informe favorábel da provincia de Burgos e da Comunidade Autónoma de Castela e León, así como a aprobación polas Cortes Xerais mediante Lei Orgánica. O goberno e o parlamento vascos presentaron un recurso de inconstitucionalidade nos anos 80 contra o devandito Estatuto, que foi desestimado polo Tribunal Constitucional.

Mentres tanto o nacionalismo castelán reivindica a pertenza de Treviño a Burgos e a Castela e León, avogando por continuar coa situación actual.

Dáse a curiosa situación que desde hai varios lustros proliferaron no Condado moreas de urbanizacións de chalés en ringleira dada a proximidade da cidade de Vitoria, sendo a gran maioría dos residentes vitorianos que cambiaron o seu piso na capital do País Vasco por un chalé no Condado burgalés.

Entidades locais menores editar

Outras localidades editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar