Concha Piquer

cantante española

Concepción López Piquer, máis coñecida como Concha Piquer, nada en Valencia o 8 de decembro de 1906 e finada en Madrid o 12 de decembro de 1990, foi unha cantante e actriz española, unha das figuras máis sobranceiras da copla. Interpretou diversas composicións clave da canción española, case todas elas obra de Quintero, León e Quiroga, como Ojos verdes, Tatuaje, Y sin embargo te quiero ou Suspiros de España, entre outras.

Infotaula de personaConcha Piquer

(1927) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) María de la Concepción Piquer López Editar o valor em Wikidata
13 de decembro de 1906 Editar o valor em Wikidata
Valencia, España Editar o valor em Wikidata
Morte11 de decembro de 1990 Editar o valor em Wikidata (83 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Parada cardiorrespiratoria Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturacamposanto de San Isidro Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante , actriz de cinema Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeAntonio Márquez Serrano (pt) Traducir (1933–) Editar o valor em Wikidata
FillosConcha Márquez Piquer (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0685035 Musicbrainz: dfef8ea8-abeb-4e3d-b33e-d2ec43678e22 Discogs: 528859 Find a Grave: 7734414 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Con 11 anos fixo o seu debut no teatro Segueros de Valencia. Estudou canto co mestre Laguna. Actuou no Grau de Gandia, nos teatros valencianos Apolo e Kursaal. Foi descuberta polo mestre Penella, que preparaba a estrea da súa ópera El gato montés en Nova York. O 13 de setembro do 1922, nun entreacto desta estrea, interpretou a canción El florero, de Penella. Estivo cinco anos nos Estados Unidos, cantando en Broadway e en moitos teatros. No ano 1927 participou na primeira película sonora, O cantor de jazz (The Jazz Singer, 1927, Alan Crosland), con Al Jolson. Volveu a España, onde actuou no teatro Romea de Madrid e no Coliseum barcelonés, e rodou en París El negro que tenía el alma blanca, de Benito Perojo. Seguiu con La bodega (1930, Benito Perojo), Yo canto para ti (1935, Fernando Roldán), La Dolores (1940, Florián Rey), Filigrana (1949, Luis Marquina) e Me casé con una estrella (1951, Luis César Amadori).

En 1933 casou co toureiro Antonio Márquez. Coñeceu o poeta e letrista Rafael de León e xunto con Antonio Quintero e o mestre Quiroga crearon unha serie de espectáculos onde aparecían cancións que se fixeron moi populares, como a copla La parrala. Outras cancións súas son Tatuaje, Cinco Farolas, Ojos verdes, La Maredeueta (única canción na que inclúe algunhas frases en catalán, a súa lingua materna), No te mires en el río, Los piconeros, La Lirio, Romance de la reina Mercedes, A la lima y al limón, Antonio Vargas Heredia, Cárcel de oro, La niña de la estación, No me quieras tanto, Yo soy ésa e Y sin embargo te quiero.