Concello de Cerdedo

antigo concello da provincia de Pontevedra

Coordenadas: 42°31′58″N 8°23′34″O / 42.53278, -8.39278

Cerdedo foi un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Tabeirós - Terra de Montes. No ano 2016 fusionouse co municipio de Cotobade, dando orixe ao concello de Cerdedo-Cotobade. Segundo o padrón municipal, en 2015 tiña 1828 habitantes (2333 en 2005). Limitaba cos concellos de Forcarei, Cotobade, Campo Lameiro e A Estrada. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é cerdedense.

Concello de Cerdedo
Bandeira de Concello de Cerdedo
Escudo de Concello de Cerdedo
Casa do concello.
Situación
Xentilicio[1]cerdedense
Xeografía
ProvinciaProvincia de Pontevedra
ComarcaComarca de Tabeirós - Terra de Montes
Poboación1.828 hab. (2015)[2][3]
Área79,8 km²[3]
Densidade22,91 hab./km²
Entidades de poboación8 parroquias[4]
Política (2015)
AlcaldeSilvestre José Balseiros Guinarte (PP)
Concelleiros
PPdeG: 7
PSdeG-PSOE: 2
Eleccións municipais en Cerdedo
Uso do galego[5] (2011)
Galegofalantes80,48%
Na rede
http://www.cerdedo.org/
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

A principios de 2016 iniciouse un proceso de fusión dos concellos de Cerdedo e Cotobade.[6] O 7 de xullo do mesmo ano os dous concellos desestimaron as alegacións sobre a fusión completando os trámites municipais.[7] A pesar dos rexeitamentos,[8][9][10][11] a fusión fíxose oficial o 18 de outubro de 2016.[12]

Demografía editar

A poboación deste concello de interior sufriu un descenso acusado froito da emigración que minguou os seus habitantes en case en 4000 persoas entre 1950 e 2008.

Censo total 1.828 (2015)
Menores de 15 anos 120 (6.56 %)
Entre 15 e 64 anos 922 (50.44 %)
Maiores de 65 anos 786 (43 %)
Evolución da poboación de Concello de Cerdedo   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
5331 5265 5888 4251 2308 2299 2297
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Galería de imaxes editar

Parroquias do antigo concello editar

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias do concello de Cerdedo

Castro (Santa Baia) | Cerdedo (San Xoán) | Figueiroa (San Martiño) | Folgoso (Santa María) | Parada (San Pedro) | Pedre (Santo Estevo) | Quireza (San Tomé) | Tomonde (Santa María)

Lugares de Cerdedo editar

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Cerdedo vexa: Lugares de Cerdedo.

Notas editar

Véxase tamén editar


 
 Este artigo sobre Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.