Comunidade Económica dos Estados da África Occidental

A Comunidade Económica dos Estados da África Occidental (en francés CEDEAO) é unha unión política e económica rexional da África Occidental. Colectivamente, estes países abranguen unha área de 5 114 162 km2 e unha poboación en 2015 de máis de 349 millóns de persoas.

Comunidade Económica dos Estados da África Occidental
AcrónimoECOWAS, CEDEAO, CEDEAO, CEDEAO, ЭКОВАС, ЕКОВАС, 西共体, 西共體, EKOŜ e EKOWAS
TipoRegional Economic Communities e organización intergobernamental
Campo de traballointegración económica e política de defesa
Data de fundación28 de maio de 1975
Presidente/aBola Tinubu (2023-) Editar o valor em Wikidata
Secretario/aAboubakar Diaby Ouattara, Momodu Munu, Abass Bundu, Édouard Benjamin, Lansana Kouyaté, Mohammed Ibn Chambas, James Victor Gbeho, Kadré Désiré Ouedraogo, Marcel Alain de Souza, Jean-Claude Kassi Brou e Omar Touray
SedeAbuja
EnÁfrica Occidental
Na rede
http://www.ecowas.int/
Facebook: Ecowas.Cedeao Twitter: ecowas_cedeao Youtube: UCJBEr-975-PKlVtgoms9Qvw Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Membros no continente africano

Considerada un dos bloques rexionais da Comunidade Económica Africana, o seu obxectivo é acadar unha autosuficiencia colectiva para os seus membros creando un único bloque comercial amplo construíndo unha unión económica e de comercio plena. A unión estableceuse o 28 de maio de 1975 coa sinatura do Tratado de Lagos, en que se afirmou a misión de promover a integración económica da rexión. Unha versión revisada do tratado foi asinada o 24 de xullo de 1993 en Cotonou.

A Comunidade tamén serve como forza de mantemento da paz na rexión, e os membros envían ocasionalmente forzas militares conxuntas para intervir nos países do bloque en tempos de inestabilidade.[1][2]

O 28 de xaneiro de 2024, Níxer, Malí e Burkina Faso anunciaron a través dunha declaración conxunta que se retiraban da CEDEAO "sen demora",[3] un feito sen precedentes desde a creación da CEDEAO, alegando en particular a falta de axuda da organización ante o terrorismo e acusándoa de estar baixo o influencia de potencias estranxeiras.[4]

Membros editar

En febreiro de 2017, a Comunidade tiña quince membros; oito deles son de lingua oficial francesa, cinco de lingua inglesa e dous de lingua portuguesa. Todos os membros actuais foron membros fundadores, agás Cabo Verde, que ingresou en 1977.[5][6]

O único antigo membro da Comunidade é Mauritania, un dos membros fundadores en 1975, que decidiu abandonala en decembro de 2000.[5] Mauritania asinou en agosto de 2017 un acordo para converterse en membro asociado.[7]

Marrocos solicitou oficialmente o ingreso na Comunidade en febreiro de 2017.[8] A solicitude foi en principio aceptada na reunión dos xefes de estado en xuño de 2017,[9][10] mais finalmente o ingreso de Marrocos foi postergado.[11]

Malí foi suspendido o 30 de maio de 2021, tralo segundo golpe militar en nove meses.[12] Guinea tamén foi suspendida o 8 de setembro de 2021, pouco despois do golpe de estado que tivo lugar no país.[13][14] Establecéronse sancións a ambos os países o 16 de setembro.[15]

Historia editar

A Comunidade fomouse inicialmente por antigas colonias francesas, británicas e portuguesas e Liberia, tralo proceso de independencia da rexión que tivo lugar nas décadas de 1960 e 1970.

A unión estableceuse o 28 de maio de 1975 coa sinatura do Tratado de Lagos, que dispuxo a misión de promover a integración económica da rexión. O 24 de xullo de 1993 asinouse en Cotonou unha versión revisada do acordo.[16]

A Comunidade cobre unha área que foi coñecida como "cinto dos golpes" e desde a década de 1990 intentou defender o avance da rexión cara á democracia en contra dos ataques autoritarios. Porén, o grupo foi citado polas débiles e pouco efectivas respostas a principios da década de 2020, cando tres membros sufriron golpes de estados militares, dous en Malí, un intento en Níxer e un en Guinea.[13][14]

Notas editar

  1. Adeyemi, Segun (6 de agosto de 2003). "West African Leaders Agree on Deployment to Liberia". Jane's Defence Weekly. 
  2. "The 5 previous West African military interventions". Yahoo News. AFP. 20 de xaneiro de 2017. Arquivado dende o orixinal o 28 de novembro de 2020. Consultado o 27 de xaneiro de 2017. 
  3. "Mali, Burkina Faso and Niger quit ECOWAS – DW – 01/28/2024". dw.com (en inglés). Consultado o 2024-01-28. 
  4. Brexit à l’africaine: la Cédéao ébranlée par le départ des pays sahéliens Consultado o 29 de xaneiro de 2024
  5. 5,0 5,1 Pazzanita, Anthony (2008). Historical Dictionary of Mauritania. Scarecrow Press. pp. 177–178. ISBN 978-0-8108-6265-4. 
  6. Odeyemi, Temitayo Isaac (2020). Oloruntoba, Samuel Ojo, ed. Regional Integration and the Political Economy of Morocco's Desire for Membership in the Economic Community of West African States (ECOWAS). Pan Africanism, Regional Integration and Development in Africa (en inglés) (Springer International Publishing). pp. 97–123. ISBN 978-3-030-34295-1. doi:10.1007/978-3-030-34296-8_6. 
  7. Okanla, Karim. "Like a magnet". D+C, Development and Cooperation. 
  8. "Afrique". Diplomatie.ma. 24 de febreiro de 2017. Arquivado dende o orixinal o 6 de marzo de 2019. 
  9. "Togolese president Faure Gnassingbe takes the reins of the ECOWAS Authority of Heads of State and Government". 7 de xuño de 2017. Arquivado dende o orixinal o 08 de xuño de 2017. Consultado o 15 de xuño de 2017. 
  10. Odeyemi, Temitayo Isaac (2020). Oloruntoba, Samuel Ojo, ed. Regional Integration and the Political Economy of Morocco's Desire for Membership in the Economic Community of West African States (ECOWAS). Pan Africanism, Regional Integration and Development in Africa (en inglés) (Springer International Publishing). pp. 97–123. ISBN 978-3-030-34295-1. doi:10.1007/978-3-030-34296-8_6. 
  11. Imru AL Qays Talha Jebril (13 de febreiro de 2020). "Morocco-ECOWAS: Good intentions are not enough". Moroccan Institute for Policy Analysis. 
  12. "ECOWAS suspends Mali over second coup in nine months". Al Jazeera. 31 de maio de 2021. Consultado o 12 de setembro 2021. 
  13. 13,0 13,1 Samb, Saliou; Eboh, Camillus; Inveen, Cooper (9 de setembro de 2021). Heritage, Timothy; Orlofsky, Steve; Pullin, Richard, eds. "West African leaders due in Guinea as post-coup calm pervades Conakry". Reuters. Consultado o 9 de setembro de 2021. 
  14. 14,0 14,1 "West African leaders suspend Guinea from Ecowas following coup," 9 de setembro de 2021, BBC News, consultado o 9 de setembro de 2021
  15. Christian, Akorlie; Samb, Saliou; Felix, Bate; Inveen, Cooper; Prentice, Alessandra (17 de setembro de 2021). Cawthorne, Andrew; Choy, Marguerita; McCool, Grant, eds. "West African bloc resorts to sanctions over Guinea and Mali coups". Reuters. Consultado o 17 de setembro de 2021. 
  16. Odeyemi, Temitayo Isaac (2020). Oloruntoba, Samuel Ojo, ed. Regional Integration and the Political Economy of Morocco's Desire for Membership in the Economic Community of West African States (ECOWAS). Pan Africanism, Regional Integration and Development in Africa (en inglés) (Springer International Publishing). pp. 97–123. ISBN 978-3-030-34295-1. doi:10.1007/978-3-030-34296-8_6. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar