Compresor de parafuso

Os compresores de parafusos, son compresores rotativos continuo que producen aire comprimido mediante a rotación de dous parafusos helicoidais.

Constitución: editar

Os compresores de parafuso están constituídos por dous rotores helicoidais (parafusos) do mesmo diámetro exterior; un deles, precisamente o parafuso macho, posúe uns lóbulos saíntes que engrenan nas canles do outro rotor (parafuso femia); ambos os rotores atópanse dentro dun cárter.

Os dous parafusos, tanto o macho como o femia, son accionados por un piñón que se atopa fóra do cárter. Este piñón é activado por un motor externo ( eléctrico, diésel, pneumático etc...).

Os parafusos non se atopan en contacto, estes engránasen permitindo así o paso do aire. O encargado de que se realice esta acción e de que os parafusos viren no sentido correspondente é a engrenaxe de sincronización.

Ao comprimir o fluído, produce un aumento da temperatura que podería ser danino ao compresor. Para solucionar ese problema incorporáronse ao compresor a canle de refrixeración, que se atopa en paralelo cos parafusos nun recipiente á parte. Esta canle encárgase de manter a temperatura estable.

Funcionamento: editar

O motor externo activa o piñón que fai xirar os parafusos, estes ao xirar crean unha succión do aire, pola toma de aire, mentres vai aumentando a presión do mesmo a través das cavidades e enchendo os espazos entre os lóbulos do parafuso.

Ao finalizar o proceso de enchido dos lóbulos, péchase a aspiración quedando así unha cantidade de aire dentro do compresor.

Os parafusos seguen xirando e reducindo o espazo entre os lóbulos, facendo así que reduza o volume do aire que está almacenado. Esta redución produce un aumento de presión e á súa vez un aumento da temperatura que é reducida grazas á canle de refrixeración.

O gas comprimido que se atopa nos parafusos, debido á presión, alcanza o orificio de saída e iníciase a fase de descarga até evacuar completamente o gas comprimido. Á vez que vai saíndo o gas comprimido do recipiente, vai entrando gas pola toma de aire, grazas ao efecto de succión que fan os parafusos ao xirar, realizando novamente o ciclo de compresión.

Regulación de potencia: editar

Os compresores de parafuso conteñen un sistema de regulación de potencia continuo que pode variar do 10% da potencia ata o 100%. Esta regulación faise por medio do distribuidor de regulación. Cando este está pechado, o compresor traballa a plena carga (100% de potencia) e a medida que se vai pechando o distribuidor, vai diminuíndo a potencia frigorífica.

Cando o compresor para de funcionar, un resorte volve abrir o distribuidor (no caso de que non estea en plena carga) asegurando así a posta en marcha en baleiro independentemente de como quedara anteriormente.

Circunstancias a dar segundo a posición do distribuidor: editar

- Lóbulos dos parafusos cheos de gas, coa válvula do distribuidor pechada en toda a súa lonxitude. Permite un caudal do 100%.

- Lóbulos dos parafusos cheos de gas, coa válvula non pechada en toda a súa lonxitude. A compresión do gas comezará máis tarde e só se comprime unha parte do gas aspirado.

Sistema de lubricación: editar

Os compresores de parafusos lubrícanse mediante aceite e a cantidade deste que circula polo compresor é moi importante.

Algúns destes compresores non posúen bomba de aceite, polo que empregan un sistema de lubrificación por inxección, grazas á diferenza de presión que existe entre a descarga e os elementos que queremos lubricar. A lubrificación destes elementos permite obter un rendemento do compresor máis elevado, así como un longo período de funcionamento debido á absorción de calor que fai o aceite.

O caudal de lubricante que se inxecta ao compresor debe separarse por completo do fluído para reintegrarse no compresor. De tal maneira o aceite debe ser filtrado e arrefriado antes de reintegrarse á maquina.

Para que esta acción se leve a cabo, necesítanse os seguintes elementos:

- Separador de aceite.

- Arrefriador de aceite.

- Filtro de aceite.

- Sistema de reglaxe de presión de lubrificación.

Véxase tamén: editar

Bibliografía editar

Rapin, Pierre J. (1996). [Paris] : Pyc édition, 1996, ed. Installations frigorifiques. 2, Technologie.