Compañía Nacional dos Ferrocarrís do Oeste

A Compañía Nacional dos Ferrocarrís do Oeste (en castelán: Compañía Nacional de los Ferrocarriles del Oeste) foi unha empresa ferroviaria española constituída en 1928 cuxa creación veu motivada pola necesidade de facerse cargo das distintas liñas ferroviarias que, tras a quebra dos seus anteriores donos, quedaran baixo control do Estado.

Mapa da rede explotada pola compañía en 1935.

Historia editar

A compañía naceu no contexto de crise que atravesou o ferrocarril español durante a década de 1920. Seguindo os principios do Estatuto Ferroviario de 1924, o Estado decretou a creación desta compañía, en parte para ir ao rescate de ferrocarrís do Oeste de España que atravesaban unha grave situación económica e en parte para aglutinar outras liñas ferroviarias controladas xa polo Estado, concretamente as liñas Betanzos-Ferrol e Ávila-Salamanca. O resto de liñas formaban parte das seguintes empresas:

  • Compañía de los Ferrocarriles de Madrid a Cáceres y Portugal (MCP)
  • Compañía del Ferrocarril de Salamanca a la Frontera Portuguesa (SFP)
  • Compañía del Ferrocarril de Medina del Campo a Salamanca (MCS)
  • Compañía del Ferrocarril de Medina a Zamora y de Orense a Vigo (MZOV)
  • The West Galicia Railway Company Limited (WGR)

A súa existencia foi curta, dado que tras a Guerra Civil Española foi integrada na Rede Nacional dos Ferrocarrís Españois (RENFE) en 1941.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar