Comarca do Ribeiro

comarca da provincia de Ourense

A comarca do Ribeiro é unha comarca galega situada na provincia de Ourense no curso medio do río Miño, que a percorre de nordeste a suroeste. A súa capital é Ribadavia, e a ela pertencen os concellos da Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón e Ribadavia. Dálle nome ao viño do Ribeiro.

Comarca do Ribeiro
ProvinciaProvincia de Ourense
Área406,92 km²
Poboación15.571 hab. (2020)
Densidade38,27 hab./km²
ConcellosA Arnoia
Avión
Beade
Carballeda de Avia
Castrelo de Miño
Cenlle
Cortegada
Leiro
Melón
Ribadavia.
Xentilicioribeiro/ribeira

Ocupa unha superficie de 406,92 km², nos que viven 15.571 habitantes (2020).[1] Por ela transcorren tamén os ríos Arnoia e Avia. O Miño está represado nos encoros de Castrelo de Miño e da Frieira. Existen varios balnearios que aproveitan as augas. Desde a Serra do Suído e Faro de Avión, ao oeste, onde se chega ao 1.000 m de altitude, o relevo descende até só 97 m en Ribadavia e Arnoia.

Demografía editar

Padrón municipal 2020 15.571 habitantes
Menores de 15 anos 1.170 (7,51 %)
Entre 16 e 64 anos 8.296 (53,28 %)
Maiores de 65 anos 6.105 (39,21 %)

Clima editar

O clima é de transición oceánico-mediterráneo, propicio para o cultivo do viñedo.

O Ribeiro na cultura popular galega editar

Refraneiro
  • Dálle ó porco do caldeiro, e non do Ribeiro [2].
  • Mentras auga teña o Miño, no Ribeiro non falta viño [3].
  • O viño do Ribeiro fai andar ó mozo lixeiro [4].
  • O viño do Ribeiro fai fortes ós mozos e remoza ós vellos [4].
  • O viño do Ribeiro fai ó vello chuscarrandeiro [4].
  • O viño do Ribeiro non ten compañeiro [4].
  • O viño do Ribeiro ten sona de paroleiro [4].
  • Viño tinto do Ribeiro, falangueiro e trouleiro [4].
  • Pra bos viños, Ribadavia, e todo o Ribeiro de Avia [4].
  • Viño tinto do Ribeiro, falangueiro e trouleiro [4].
Cantigueiro
  • O Ribeiro é moi alegre/ polo tempo da vendima,/ que o veñen facer alegre/ as nenas de aló d’arriba.

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. "IGE - Información comarcal". www.ige.eu. Arquivado dende o orixinal o 30 de abril de 2021. Consultado o 2021-04-30. 
  2. Eladio Rodríguez González, s. v. porco.
  3. Marcial Valladares Núñez (1884)'
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 4,7 Eladio Rodríguez González: Diccionario enciclopédico gallego-castellano (1958-1961), s. v. viño.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar