Comarca de Verín

A comarca de Verín é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Verín. Pertencen á comarca os concellos de Castrelo do Val, Cualedro, Laza, Monterrei, Oímbra, Riós, Verín e Vilardevós.

Comarca de Verín
ProvinciaProvincia de Ourense
Área1.007,29 km²
Poboación24.999 hab. (2020)
Densidade24,82 hab./km²
ConcellosCastrelo do Val
Cualedro
Laza
Monterrei
Oímbra
Riós
Verín
Vilardevós

Demografía editar

Tiña en 2020 unha poboación de 24.999 habitantes, deles 12.455 son homes e 12.544 son mulleres.[1]

Con 13.647 habitantes[2] (INE 2020) o concello de Verín é a capital da comarca, tendo así, máis do 50% da poboación total da bisbarra (54,59%). O núcleo máis poboado é a cabeceira municipal do anterior concello, que con 10.025 habitantes[3] (2020) ten o 40,10% da poboación comarcal, actuando coma un verdadeira vila macrocefálica en relación ao conxunto comarcal.

A poboación estranxeira da comarca ascendía en 2020 a 2.004 habitantes. A idade media era de 52,68 anos.[1]

Padrón municipal 2020 24.999 habitantes[1]
Menores de 15 anos 2.249 (9,00 %)
Entre 16 e 64 anos 14.077 (56,31 %)
Maiores de 65 anos 8.673 (34,69 %)

Particularidades editar

Dentro da idiosincrasia da bisbarra, unha das manifestacións culturais máis relevantes a nivel rexional e incluso nacional é o entroido. Sendo Laza e Verín os máximos referentes comarcais, completarían o triángulo máximo do Entroido ourensán coa capital da Limia, Xinzo.

Outra característica común é a dominancia da Casa dos Zúñiga (unha das máis importantes liñaxes de Galicia) do Condado de Monterrei, presenza que queda patente nos escudos dos concellos da comarca.

Galería de imaxes editar

Vexa o artigo principal en Galería de imaxes da comarca de Verín

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 "IGE - Información comarcal". www.ige.eu. Arquivado dende o orixinal o 29 de abril de 2021. Consultado o 2021-04-29. 
  2. "IGE - Información municipal". www.ige.eu. Arquivado dende o orixinal o 29 de abril de 2021. Consultado o 2021-04-29. 
  3. "Nomenclátor estatístico de Galicia". www.ige.eu. Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 2021-04-29. 

 
 Este artigo sobre comarcas de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.