Comarca de Ourense

comarca na provincia de Ourense

A comarca de Ourense é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Ourense. Pertencen a esta comarca os concellos de Amoeiro, Barbadás, Coles, Esgos, Nogueira de Ramuín, Ourense, O Pereiro de Aguiar, A Peroxa, San Cibrao das Viñas, Taboadela, Toén e Vilamarín.

Comarca de Ourense
ProvinciaProvincia de Ourense
Área623,14 km²
Poboación143.187 hab. (2022)
Densidade229,78 hab./km²
ConcellosAmoeiro
Barbadás
Coles
Esgos
Nogueira de Ramuín
Ourense
O Pereiro de Aguiar
A Peroxa
San Cibrao das Viñas
Taboadela
Toén
Vilamarín

Limita ao norte coa comarca de Chantada (Lugo), ao nordeste coa comarca de Terra de Lemos (Lugo) e comarca da Terra de Caldelas, ao leste e sueste coa de Allariz-Maceda, ao sur coa de Celanova e ao oeste coas do Ribeiro e Carballiño.

Demografía editar

Padrón municipal 2020 144.440 habitantes[1]
Menores de 15 anos 18.237 (12,63 %)
Entre 16 e 64 anos 88.220 (61,08 %)
Maiores de 65 anos 37.983 (26,30 %)

Galería de imaxes editar

Vexa o artigo principal en Galería de imaxes da comarca de Ourense

Notas editar

  1. "IGE - Información comarcal". www.ige.eu. Consultado o 2022-12-30. 

 
 Este artigo sobre comarcas de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.