Comandanta Ramona

A Comandanta Ramona, nada en 1959 no estado mexicano de Chiapas e finada o 6 de xaneiro de 2006 en San Cristóbal de Las Casas, foi unha muller indíxena tzotzil e comandante do Exército Zapatista de Liberación Nacional de Chiapas, México, que finou o 6 de xaneiro de 2006 por causa de cancro no ril. O termo "comandanta" era o nome do seu cargo no EZLN, para referirse a ela en particular. Foi unha das figuras públicas máis importantes da primeira etapa do levantamento zapatista e central para o Movemento de mulleres zapatistas.

Infotaula de personaComandanta Ramona

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1959 Editar o valor em Wikidata
Chiapas, México Editar o valor em Wikidata
Morte6 de xaneiro de 2006 Editar o valor em Wikidata (46/47 anos)
San Cristóbal de las Casas, México, preto do lugar Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Insuficiencia renal e tuberculose Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeMéxico Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica , revolucionario Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1994 Editar o valor em Wikidata -
Carreira militar
LealdadeExército Zapatista de Liberación Nacional Editar o valor em Wikidata
Rama militarExército Zapatista de Liberación Nacional Editar o valor em Wikidata

Foi unha das representantes máis destacadas do EZLN durante os primeiros anos de vida pública do movemento. O grupo musical Quetzal dos Ánxeles gravou o tema Todos somos Ramona na súa honra.

Traxectoria editar

Nada en 1959 nunha comunidade tzotzil dos altos de Chiapas chamada San Andrés Sacamch’en de Los Pobres, Ramona foi unha das sete comandantas encargadas de dirixir o exército, previo ao seu involucramento co EZLN.

Participación no EZLN - Comité Clandestino Revolucionario Indíxena CCRI editar

Ramona participou durante máis de vinte anos no EZLN, o seu labor de defensa dos dereitos das mulleres indíxenas[1] á saúde, a educación e o pagamento xusto polo traballo artesanal, fixérona célebre nas comunidades dos altos de Chiapas. Traballou en profundidade no CCRI planeando o levantamento do 1 de xaneiro de 1994, formou parte activa da toma de San Cristóbal de las Casas.

Lei Revolucionaria de mulleres editar

Un ano antes do levantamento armado, a Comandanta Ramona e a Maior Ana María realizaron unha consulta[2] a mulleres habitantes das comunidades baixo o control do EZLN, a información que obtiveron cristalizaría na Lei Revolucionaria de mulleres.[3]

A lei aprobouse polas comunidades indíxenas o 8 de marzo de 1993 e foi publicada xunto coa Primeira Declaración da Selva Lacandona, a súa función é garantir os dereitos reprodutivos, educativos, políticos e laborais das mulleres.

Participación nas negociacións con Ernesto Zedillo editar

O 21 de febreiro de 1994 comezaron oficialmente as negociacións entre o EZLN e o goberno do, daquela presidente, Ernesto Zedillo. Ramona formou parte dos Diálogos de Catedral[4] en San Cristóbal.

Case un ano despois, o 9 de febreiro de 1995, Zedillo ordenou unha avanzada militar contra as comunidades zapatistas, rompendo a tregua estabelecida como parte das negociacións e cercando as milicias indíxenas na selva. O 9 de outubro a Comandanta Ramona rompeu o cerco para dirixirse á Cidade de México onde participaría na Convención Nacional Indíxena.[5] Foi a primeira viaxe fóra de Chiapas que realizaba un membro do EZLN e a súa aparición pública foi aclamada por milleiros de persoas na Praza da Constitución da Cidade de México.

Trasplante de ril e diagnóstico de cancro editar

Durante 1996 Ramona foi diagnosticada cun fallo renal causado por cancro, e a súa saúde era precaria durante gran parte das negociacións. Na súa viaxe á Cidade de México recibiu un transplante de ril grazas a unha doazón do seu irmán, a pesar do seu delicado estado de saúde logrou recuperarse e continuar participando activamente como representante pública do EZLN.

Última aparición pública e falecemento editar

A última vez que apareceu en público foi durante as reunións preparatorias de La Otra Campaña, o 16 de setembro do 2005, no Caracol de La Garrucha. Daquela xa fora operada e a súa saúde estaba moi deteriorada. Nove anos despois do transplante regresou o cancro dun xeito máis agresivo.

O 6 de xaneiro de 2006, o Subcomandante Marcos anunciou o falecemento da Comandanta Ramona durante un evento parte da Otra Campaña, sinalou que morreu de camiño a San Cristóbal. Con motivo da súa morte, o Subcomandante Marcos suspendeu as actividades de "La Otra Campaña" durante varios días para estar presente no servizo funerario de Ramona, na zona selva do estado.

Notas editar

  1. Padierna Jiménez, María del Pilar (2013-12). "Mujeres Zapatistas: la inclusión de las demandas de género". Argumentos (México, D.F.) (en castelán) 26 (73): 133–142. ISSN 0187-5795. 
  2. "El zapatismo y el movimiento de mujeres indígenas en México" (PDF). 
  3. Ley Revolucionaria de Mujeres
  4. "Diálogos de Catedral". Arquivado dende o orixinal o 05 de decembro de 2018. Consultado o 13 de marzo de 2020. 
  5. "Convención Nacional Indígena". Arquivado dende o orixinal o 06 de xullo de 2016. Consultado o 13 de marzo de 2020.