A Columna Lactaria era unha columna situada na undécima rexión de Roma, na praza ou mercado da herba.

As nais levaban a ela os seus fillos por un principio de superstición. Algunhas deixábanos expostos no pedestal da mesma no cal había unha especie de cuartiño. Xuvenal di que as mulleres de consideración e posibilidades ían moi a miúdo coller algunha daquelas criaturas para facelas criar na súa casa e as de quen ninguén se encargaba eran mantidas a expensas do público.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar