Colectivo Hetaira

colectivo madrileño de traballadoras sexuais desaparecido

O Colectivo Hetaira foi un colectivo español sen fins de lucro en defensa dos dereitos laborais das prostitutas, con se na cidade de Madrid, e cofundado, entre outras persoas, por Cristina Garaizabal[1] e Mamen Briz[2] o 12 de marzo de 1995​.[3] Segundo o propio Colectivo, a súa creación xordeu pola necesidade de se organizar para combater o estigma social que recae sobre as prostitutas e reivindicar os seus dereitos, por exemplo, a traballar tranquilas, a se organizar, a se sindicar, a cotizar; o apoio na denuncia de agresións, de chantaxes; a defensa colectiva ante os abusos de poder e, en xeral, favorecer a súa autoorganización na defensa dos seus intereses como traballadoras.[3]​ Desapareceu o 10 de decembro de 2019, tras 24 anos de activismo.[4]

Colectivo Hetaira
Logo
Tipocolectivo
Campo de traballosex workers' rights
Data de fundación1995
Data de disolución2019
editar datos en Wikidata ]

Obxectivos e funcións do grupo editar

Os obxectivos autodeclarados do grupo, ao longo da súa existencia, foron os seguintes​[3]:

  • A defensa e a promoción da autonomía das mulleres, a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, así como a loita contra a violencia de xénero e as desigualdades por cuestións de xénero.
  • A defensa e a difusión dos dereitos humanos e os valores democráticos de xustiza, liberdade, igualdade, solidariedade, laicismo, cooperación, resolución non violenta de conflitos, tolerancia e pluralismo.
  • A solidariedade, o apoio e a defensa dos dereitos das persoas inmigrantes, promovendo a súa integración social, a súa igualdade en dereitos e oportunidades e o seu acceso á cidadanía; a loita contra todas as formas de discriminación racial e xenófoba; e a defensa dos valores de tolerancia e pluralismo cultural desde unha perspectiva intercultural.
  • Aumentar e difundir os seus coñecementos, respecto á problemática relacionada coa prostitución.
  • Crear un lugar de encontro para debate externo e interno en torno á problemática da prostitución.
  • Loitar contra o estigma e a marxinación que sofren as persoas que exercen a prostitución.
  • Loitar pola consecución dos dereitos das traballadoras sexuais.
  • Detectar e apoiar ás vítimas de trata de seres humanos. A protección, atención, asistencia formativa, informativa, xurídica e psicolóxica das mulleres vítimas de trata obrigadas a exercer a prostitución.
  • O apoio ás mulleres para a mellora da súa situación laboral, incidindo na súa formación (educativa e profesional), dándolle valor ao uso das novas Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC).
  • A promoción da saúde, a educación socio-sanitaria, a prevención do VIH (Sida) e ITS (Infeccións de transmisión sexual).

Premios editar

  • Premio René Cassin aos Dereitos Humanos, outorgado polo goberno vasco (2003).​[5][6]
  • Premio de Dereitos Humanos da Apdha á súa traxectoria (2019).[7][8]

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

Outros artigos editar