Cola (xénero)

Xénero de árbores

Cola, un xénero de plantas fanerógamas con 163 especies, pertencente á subfamilia Sterculioideae dentro da familia Malvaceae. Comprende máis de 100 especies arbóreas nativas de África. O froito, coñecido coma noz de cola é empregado coma aromatizante e medicinal. Moitas veces as propias árbores coñécense co nome de noz de cola.

Descrición editar

Son árbores monoicas ou dioicas de follas simples, palmatilobadas ou dixitadas, con pecíolos a miúdo provistos dun pulvínulo. Flores en acios ou panículas axilares sobre a madeira vella. Teñen o cáliz con 4-5(-7) lóbulos e carecen de pétalos. As flores masculinas con 5-12 estames dispostos en dous aneis sobre unha coroa. O froito, coñecido coma noz de cola aparece en folículo de 3-4 carpelos leñosos con dehiscencia lonxitudinal.

Usos editar

Empréganse as sementes (noces) da árbore da cola (Cola nitida (Vent.) Schott et Endl. ou da Cola acuminata (Beauv.) Schott et Endl.), desecadas e desprovistas dos tegumentos. Da noz de cola producíase noutrora un extracto para refrescos polo seu alto contido de cafeína (até o 5 %).

En África empréganse aínda as sementes de maneira tradicional.

Principios activos editar

Bases xánticas: cafeína (1-2,5%), vestixios de teobromina e teofilina. Taninos (5-10%): catecol, epicatecol; flobafenos, sales potásicas.

Acción farmacolóxica editar

Estimulante do sistema nervioso central (comparábel ao café ou ), defatigante, cardiotónico, dixestivo, lipolítico, diurético.

Efectos secundarios editar

Excitación, insomnio, taquicardia. Pode provocar sobreexcitación seguida de depresión. A noz de cola libera amodo a cafeína, polo que presenta un efecto estimulante máis suave que o café e alonga o tempo de eliminación da cafeína, o que potencia o efecto excitante das bebidas refrescantes nas que van asociados a outras drogas con bases xánticas: evitar as asociacións con café, , mate ou guaraná.

Taxonomía editar

Foi descrito por Schott & Endl. e publicado en Meletemata Botanica 33, no ano 1832. A especie tipo é Cola acuminata (P.Beauv.) Schott & Endl.[1]

Especies seleccionadas editar

Notas editar

  1. "Cola (xénero)". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 10 de setembro de 2010. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar