Clyde Tombaugh

astrónomo estadounidense

Clyde William Tombaugh, nado en 1906 e finado en 1997, foi un astrónomo norteamericano, máis coñecido pola súa descuberta do planeta anano Plutón, en 1930. Tamén foi o descubridor de moitos asteroides e axudou na investigación de Ovnis.

Clyde William Tombaugh
Clyde Tombaugh no Observatorio Lowell
Datos persoais
Nacemento4 de febreiro de 1906
LugarStreator, Illinois,
Illinois
Estados Unidos
Falecemento17 de xaneiro de 1997
(90 anos)
LugarLas Cruces,
Novo México
Estados Unidos
NacionalidadeEstados Unidos de América Estados Unidos
Actividade
CampoAstrónomo
Alma máterUniversidade do Kansas, Universidade do Norte do Arizona e Universidade Estadual do Kansas
Contribucións e premios
Coñecido pordescubrir Plutón
PremiosMedalha Jackson-Gwilt
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Nado en Streator, Illinois, a súa familia mudouse pouco despois para Kansas. Tombaugh construíu o seu propio telescopio e enviaba bosquexos das súas descubertas ó Observatorio Lowell. Grazas a isto tivo unha oferta de emprego. Tombaugh traballou no Observatorio Lowell de 1929 ata o 1945.

Despois de descubrir Plutón, Tombaugh recibiu a graduación en astronomía nas universidades de Kansas e de Arizona. Traballou tamén no campo dos mísiles de White Sands, e deu clases na Universidade Estatal de Novo México de 1955 ata a súa xubilación, en 1973.