Un club de lectura é unha actividade, xeralmente gratuíta, onde un grupo de persoas afeccionadas a un xénero de novela determinada comparten a súa experiencia e as súas impresións con outros afeccionados.[1]

Reunión dun club de lectura.

Definición editar

Nos clubs de lectura polo xeral o grupo de persoas len ao mesmo tempo un só libro. Cada lector faino na súa casa, non é necesario reunirse para a lectura, pero deben fixar unha data e lugar para reunirse cos outros lectores para ir comentando os avances na lectura da novela.[2]

 
Sesión dun club de lectura.

En que consiste editar

Nas reunións os lectores debaten sobre o que leron: o estilo literario, a acción e os personaxes. En cada reunión acórdase a cantidade a ler nos días posteriores.

O coordinador das sesións é un lector que anima e modera os debates. Nunca debe ser o protagonista da reunión, acaparando o tempo de todos. Debe ser imparcial evitando tendencias e favoritismos que empobrecerían o club. O seu criterio deberá razoarse e será coñecido por todos os lectores. Incluso a figura do coordinador pode ser compartida por todos e ser rotatoria entre os seus membros.

Os lectores editar

Estímase que a cantidade idónea de lectores participantes nun club de lectura oscila entre 6 e 15 persoas, podendo chegar nalgúns casos aos 20.

Os seus compromisos co Club de lectura non son nunca obrigatorios, pero deben ter unha participación activa en todo o proceso e asistir ás reunións dunha maneira continuada. Deben devolver puntualmente os libros prestados para que outro club poida facer uso deles.[3]

Obxectivo editar

O obxectivo dun club de lectura é ler, discutir e aprender dun libro. Para que se produza un fomento á lectura e se desenvolva a crítica construtiva que favoreza a atención a ideas doutros. Ademais débese potenciar o debate e estimular o coñecemento de tendencias artísticas ou intelectuais diversas.[4]

Notas editar

  1. "¿Qué es un club de lectura?". Arquivado dende o orixinal o 26 de setembro de 2019. Consultado o 26 de setembro de 2019. 
  2. "Receta para un club de lectura". 
  3. "Ideas para crear un club de lectura en el aula". Arquivado dende o orixinal o 09 de marzo de 2015. Consultado o 9 de marzo de 2015. 
  4. "¿Cómo funciona un club de lectura?". 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar