Club de Remo Coruxo

club de remo galego

O Club de Remo Coruxo é unha entidade deportiva da cidade de Vigo (Galiza) adicada á práctica do remo. A entidade foi fundada en 1989 e actualmente compite na División A da Liga Galega de Traiñeiras (LGT).

Club de Remo Coruxo
Tipoclub de remo
DeporteRemo
Data de fundación1989
Localización
EnderezoCarretera Cánido, s/n. Finca Mirambell
EnCoruxo
PaísGalicia
42°11′43″N 8°47′46″O / 42.195176111111, -8.7961811111111
Na rede
https://clubderemocoruxo.es.tl/
Facebook: Club-de-Remo-Coruxo-1396287697302605 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Traiñeira de Coruxo na Bandeira Teresa Herrera da Coruña en 2019.

Historia editar

O Club de Remo Coruxo foi fundado en 1989 como sección do Centro Cultural Recreativo Artístico de Coruxo nunha nave cedida por Guillermo Rey no porto de Canido, iniciando a súa actividade cun grupo de mozos da zona.

Posteriormente trasladou a súa sede a unha nave na Finca Mirambel, onde a instalación foi acondicionada para albergar o ximnasio, os vestiarios, un foxo de remo; e para gardar as embarcacións.

Nas últimas tempadas o club clasificouse en moitas ocasións para a disputa de diversos campionatos tanto a nivel nacional como estatal, acadando resultados importantes tanto en banco fixo como móbil, especialmente neste último co subcampionato de España cadete en 2002.

A traiñeira do club ten participado en tódalas edicións da Liga Galega de Traiñeiras, sendo o seu mellor resultado o 1º posto acadado na tempada 2014.

Frota editar

Actualmente conta con: dúas traiñeiras "Fontaíña", dúas traiñeiriñas "A Calzoa"; e os bateis: "Foz", "Fuchiño", "Baularte", "O Vao", "Coruxo".

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar