Club Polideportivo Granada 74

O Club Polideportivo Granada 74 é un club de fútbol de España, da cidade de Granada. Foi fundado en 1974 e actualmente só ten en competición aos seus equipos de fútbol base.

Granada 74
NomeClub Polideportivo Granada 74
Alcume(s)O 74
Fundación1974
EstadioCiudad Deportiva Granada 92
España Granada, España
Inauguración1997
Capacidade4.400
PresidenteEspaña Carlos Marsá
LigaNon rexistrado
2008–0918º (3ª - Grupo 9)
Vestimenta-
Patrocinador-
Na rede
http://www.cpgranada74.com/
Titular
Alternativo

Historia editar

O CP Granada 74 fundouse en 1974 no popular barrio de La Chana de Granada, pasando despois a Almanjáyar. Historicamente foi o segundo equipo da cidade, á sombra do Granada CF. Iniciou a súa traxectoria deportiva na tempada 1974-75 e tras 20 anos nas categorías rexionais, debutou en Terceira División na tempada 1994-95. Mantívose en devandita categoría 10 tempadas consecutivas, sendo campión en 2003 e disputando sen éxito varias promocións de ascenso a Segunda División B.

Volveu descender ás categorías rexionais na tempada 2004/05, aínda que conseguiu retornar a Terceira na tempada 2006/07.

En 2007, Carlos Marsá comprou o CF Ciudad de Murcia, que xogaba na Segunda División. Tras a compra, cambiou o nome de Ciudad de Murcia polo de Granada 74 Club de Fútbol, ocupando a praza en Segunda División, quedando o CP Granada 74, como equipo filial do "novo Granada 74".

No verán de 2009 o Granada 74, descende a Terceira División e, tras non pagar aos seus xogadores, descende a Primeira División andaluza desaparece. O primeiro equipo do CP Granada 74 non sae a competición, pero si os equipos de fútbol base.

Escudo editar

O escudo do club está formado por un círculo, co fío cheo de puntos vermellos e o interior branco. No interior do círculo, está a inscrición Granada 74, escrita en tres liñas, de maneira que se pode ler GRAN-ADA-74..

Uniforme editar

  • Uniforme titular: Camiseta vermella, pantalón e medias brancas.
  • Uniforme alternativo: Camiseta, pantalón e medias verdes.

Datos do club editar

  • Tempadas en : 0
  • Tempadas en : 0
  • Tempadas en 2ªB: 0
  • Tempadas en : 12
  • Mellor posto na liga: 1º (Terceira tempada 2002-03)
  • Peor posto na liga: 19º (Terceira tempada 2004-05)

Historial editar

Tempada Categoría Posición Copa do Rei
de 1974/75
a 1994/95
Rexional
1995/96 3ª División
1996/97 3ª División 10º
1997/98 3ª División
1998/99 3ª División
1999/00 3ª División
2000/01 3ª División
2001/02 3ª División
2002/03 3ª División
2003/04 3ª División
2004/05 3ª División 19º   1ª Eliminatoria
2005/06 Rexional -
2006/07 Rexional -  
2007/08 3ª División 11º
2008/09 3ª División 18º
2009/10 - - -
2010/11 - - -

Palmarés editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar