Club Deportivo Estradense

equipo galego de fútbol

O Club Deportivo Estradense é un club de fútbol galego do concello da Estrada. Foi fundado en 1925 e milita na Terceira Federación.

Estradense
NomeClub Deportivo Estradense
Alcume(s)Deportivo, Rojillos, Tigres
Fundación1925
EstadioNovo Campo Municipal,
A Estrada, Galicia,
España
Inauguración2014
Capacidade600
PresidenteAntonio Camba
AdestradorAlberto Mariano
LigaPreferente – Grupo Sur
2016–17
VestimentaTrezze
PatrocinadorHierros Diego
Na rede
http://www.cdestradense.es/
Facebook: cdestradense Twitter: estradensecd Instagram: cd_estradense Editar o valor em Wikidata
Titular
Alternativo

Historia editar

O equipo foi fundado en 1925 por Emilio Velasco García, comandante do Batallón de Reserva da Estrada e primeiro presidente do Club, e mais o empresario Jesús Durán Taboada. Pediron a colaboración do alcalde Benito Vigo Munilla, mais non houbo apoio por falta de orzamento. O equipo naceu con xogadores afeccionados da vila e algún militar do destacamento local, coa idea de federar o club a curto prazo. Por entón non había un lugar para practicar fútbol, debido a que no antigo Campo da Pira se construíra a Praza de Abastos.

O primeiro partido xogouse en Caldas de Reis o 31 de maio de 1925 contra un equipo de Padrón, con vitoria do Estradense por 3-2. O uniforme foi camisa de cor vermella, e o primeiro equipo estaba formado por Pereira; Lueiro, Jesús; Emilio, Cándido, Xestoso; Rey, Carballeda, César, Campos e Pepucho. Xogáronse posteriormente varios encontros noutras localidades, con numerosa presenza de afeccionados estradenses atraídos polas excursións organizadas en paralelo ós partidos.

A xunta directiva alugou un terreo onde está o chalé da familia Blanco, para construír un campo, coñecido como A Decoita ou O Barrio Novo. Nel xogouse o primeiro partido oficial en abril de 1926 contra o Trust Escolar de Santiago de Compostela. O partido rematou 4-3 a prol do Estradense, que formaron con Cándido, Díaz, Mella; Juanito, Cándido, Cantón; Seso, Rey, Reino, Jesús e Carballeda. No ano 1926 o Deportivo Estradense figura federado na Serie C Rexional, terceira categoría a nivel galego.

O campo de herba do Barrio Novo ou da Decoita foi valado e construíronse bancadas en chanzos aproveitando o desnivel do terreo. Inaugurouse en marzo de 1927, o martes de Pascua, e nel xogaron o Celta de Vigo, o Eiriña CF de Pontevedra e outros clubs galegos punteiros.

A comezos da década de 1930 os propietarios reclamaron os terreos do campo. Meses despois a xunta directiva presidida por Manuel Durán Esmorís alugou unha carballeira á familia Leyes -detrás da actual estación de autobuses- na que se fixo un campo de reducidas dimensións, aberto, cunha lixeira costa e cunha toxeira contigua que servía como vestiario precario. Porén, no primeiro lustro da década de 1930 o fútbol estradense acadou o seu máximo nivel, con xogadores como Gonzalo Varela Agrelo, que sería xogador e capitán do Celta en Primeira División durante varios anos; Enrique Durán, a proba polo Celta nunha pretempada; Manolo Torrado, pretendido polo Oviedo; Augusto Reino, xogador do Eiriña; Pedro Sande, posteriormente xogador do Pontevedra e Verino Durán, quizais tecnicamente o mellor xogador da Estrada, entre outros xogadores locais que por diversas circunstancias non puideron destacar en clubs de superior categoría. A guerra civil coutou as aspiracións deportivas de varios xogadores, e causou a morte a Secundino Campos Pego, deseñador do escudo do equipo, redactor do primeiro Regulamento e compositor dun himno. Coa chegada do Franquismo o equipo houbo modificar o seu uniforme, deixando a cor vermella.

Tras a fin da guerra a familia Leyes recuperou os seus terreos. A rapazada ía xogar os seus partidos ó Campo da Feira, costa arriba e costa abaixo, e despois a un recinto na explanada onde o Concello botaba o lixo, atravesado por unha liña de alta tensión eléctrica. Pedíuselle ao Concello que acondicionase o recinto nacendo así o Campo da Baiuca.

En 1959, coincidindo coa chegada á Alcaldía de Mario Blanco Fuentes, retomouse un proxecto para a construción dun grande estadio deportivo redactado en 1942 polo arquitecto Juan Argenti, creando para tal efecto unha comisión, na que estaban integradas tódalas entidades sociais e deportivas estradenses. O proxecto ambicionaba a creación do terceiro estadio mais grande de Galicia despois de Balaídos e Riazor.

En 1960, con Federico Ramírez Calvo como presidente, o equipo inscribiuse no Torneo Rías Baixas. Tras o mal papel do equipo na liga o presidente deixou o posto a José Araujo Ulloa. En 1962 o equipo pasou a xogar o campionato de Serie A Rexional, onde se mantivo até 1978. A comezos da década de 1970 creouse unha sección de balonmán, que chegou a ser un equipo punteiro nas competicións provinciais.

Logo de varios anos en Primeira e Segunda Rexional, acadouse o ascenso a Rexional Preferente en 1988, e tres anos máis tarde ascendeuse a Terceira División]], onde se mantivo sete tempadas. Nunha delas logrouse a clasificación para xogar a Copa do Rei de Fútbol.

Existira con anterioridade un equipo filial denominado Atlético Estradense e un equipo na categoría xuvenil, mais nestes anos, baixo a presidencia de Alfonso Varela Vázquez -a máis longa da historia do club con 18 anos en dúas etapas-, intentouse facer unha base con equipos de todas as categorías. Levouse tamén a cabo unha fusión de todas as modalidades deportivas existentes dentro dun proxecto denominado Grupo Deportivo Estradense.

Datos editar

  • Tempadas en : 9
  • Mellor posto en liga: 6º (tempada 1995-96)
  • Peor posto en liga: 18º (tempada 1997-98)
  • Participacións na Copa do Rei: 1

Historial na liga editar

Tempada Categoría Posto
de 29-30 Rexional
a 90-91 Rexional
1991/92
1992/93 10º
1993/94
1994/95 12º
1995/96
1996/97 17º
1997/98 18º
de 98-99 Rexional
Tempada Categoría Posto
a 04-05 Rexional
2005/06 Preferente
2006/07 Preferente
2007/08 Preferente 11º
2008/09 Preferente
2009/10 Preferente
2010/11 12º
2011/12 17º
2012/13 Preferente 15º
2013/14 Preferente
Tempada Categoría Posto
2014/15 Preferente
2015/16 Preferente
2016/17 Preferente
2017/18 Preferente

Palmarés editar

  • Preferente Autonómica (1) (1990-91)
  • Primeira División Autonómica (2) (1987-88, 2004-05)
  • Segunda División Autonómica (1) (1982-83)

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar