Club Deportivo Choco

club de fútbol de Redondela

O Club Deportivo Choco é un equipo de fútbol da vila de Redondela. Foi fundado oficialmente o 14 de abril de 1953, malia que xa no ano 1932 foi fundado un equipo co nome de Choco FC.

CD Choco
NomeClub Deportivo Choco
de Redondela
Fundación1953
EstadioSanta Mariña
Galicia Redondela
Capacidade2.000
PresidenteIván Crespo[1]
AdestradorGalicia David Pérez
Liga3ª RFEF – Grupo 1
2022–2316º
VestimentaWarrior
PatrocinadorI.C.O.N
Na rede
http://cdchoco.es/
Facebook: 100063263315686 Twitter: CDChoco Instagram: clubdeportivochoco Editar o valor em Wikidata
Titular
Alternativo
Once inicial do CD Choco nun partido da terceira división 2022-23 no campo de Santa Mariña.

Na tempada 2023/24 participará na sexta categoría do fútbol estatal, militando na Preferente Galicia. Conta con arredor de 500 socios e disputa os seus enfrontamentos como local no Campo Municipal de Santa Mariña. Na tempada 2014/2015 rematou en cuarta posición na Terceira División, acadando a súa máxima clasificación histórica, e disputando a fase de ascenso á Segunda División B, na que sería eliminado polo Extremadura Unión Deportiva.[2] Na seguinte tempada, o equipo repetiu clasificación, participando por segundo ano consecutivo na fase de ascenso á categoría de bronce.

A orixe do nome deriva do cefalópodo homónimo[3], reflexo da importancia da pesca nesta vila, na que se celebra desde 1987 a Festa do choco de Redondela, declarada en 2003 Festa de interese turístico de Galicia .

Historia editar

Antecedentes e fundación editar

O Club Deportivo Choco fundouse oficialmente no ano 1956. Porén, existen antecedentes de varios equipos de fútbol que poderían considerarse os predecesores. Despois do Redondela Foot-ball Club, primeiro equipo de fútbol de Redondela do que se ten constancia, e fundado en 1908, existiron varios conxuntos que practicaban este deporte neste concello: o Científico Deportivo de Redondela (1909), o Sporting de Redondela ou a Liga Popular de Redondela (1923).

En 1932 fundouse o club que podería considerarse o precursor do club, a lo menos atendendo á denominación oficial deste. Este club chamouse Choco FC, e disputou o seu primeiro encontro 1932 contra o equipo vigués Llorente, contando nas súas filas con xogadores coma Moisés, Villaverde, “Dempsey”, Pierla e Reigosa entre outros. En abril desde mesmo ano, disputou un derbi local contra o Redondela FC, no que foi derrotado por dous goles a un.


  Redondela FC 2 - 1 Choco FC   14 de abril de 1932Estadio de Santa Mariña, Redondela
Informe
 

Tras dous anos de fútbol federado, e tras mudar o nome en 1935 a Regojo FC, desapareceu no 1934.

Posteriormente, foron creados outros conxuntos na vila de Redondela: en 1936, o Redondela Sporting Club; en 1944, o CD Redondela, e finalmente en 1947 vólvese formar o Choco FC, desta vez coma equipo non federado. Probablemente este equipo tería disputado partidos amigábeis de xeito non oficial até a fundación oficial do club. Existen rexistros de partidos disputados contra o Adelantado de Porriño e contra o Burgo FC de Pontevedra. Finalmente, a fundación oficial do club produciuse o 14 de abril de 1956.

Década dos 60: a Terceira División editar

Após disputar a súa primeira tempada na Primeira Rexional galega e finalizar no sexto posto, o CD Choco ascende á Preferente Autonómica de Galicia. Na tempada 1959-1960 finaliza 2º e ascende á terceira división, onde se mantería dúas tempadas, até 1962 cando descendeu de novo á Preferente. Na seguinte temporada volveu a ascender, esta vez permanecendo tres tempadas na categoría de bronce, que naquel entón, por non existir a segunda división B, era a terceira categoría de fútbol inmediatamente por debaixo da segunda división. Na tampada 1966/1967 acaba a liga regular en 16º posición, descendendo á Preferente Autonómica.

Anos 80 e 90 editar

Na tempada 79/80, e despois de 14 tempadas, o equipo volve á Terceira División, se ben xa nesta data xa era a cuarta categoría no fútbol español, ao existir a Segunda División B. Non obstante, na tampada 80/81 finaliza de 17º e torna a descender. A partir de aí comezan unha serie de tempadas nas que se sucederon ascensos e descensos por diferentes categorías, até disputar na tempada 95/96 a segunda autonómica e quedar 3º, obtendo a peor clasificación da súa historia.

Século XXI: novo ascenso á Terceira División editar

Durante a década dous 2000, o CD Choco disputou a meirande parte das tempadas na Preferente Autonómica. Non foi até a tempada 2012/2013 que, coa chegada do novo presidente Iván Crespo, acadou o ascenso á Terceira División 33 anos despois da última participación. Ese mesmo ano, ademais, o equipo xuvenil ascendeu á Liga Nacional.[1] Así, o club poñía fin a un convulso período deportivo e económico, no que a entidade acumulaba unha débeda de 80.000 euros.[1] En 2013, ademais, a Escola de Fútbol Base de Redondela fusionouse co CD Choco. Un ano despois, na tempada 2014/2015 o equipo consolidouse na categoría e finalizou 4º, acadando a maior clasificación da súa historia, permitíndolle acceder á fase de ascenso a segunda división B. Na primeira eliminatoria, enfrontouse á Extremadura UD, sendo apeado nesta rolda polos estremeños cun resultado global de 3-5.


CD Choco 0 - 3   Extremadura UD 24 de maio de 2015, 21:00 – Estadio de Santa Mariña, Redondela
Asistencia: 2.000
Árbitro: Pérez Fernández (  Castela e León)
Informe
Pozo   39'
Willy   65'
Willy   71'
 


Extremadura UD   2 - 3 CD Choco 31 de maio de 2015, 17:00 – Estadio Francisco de la Hera, Almendralexo
Asistencia: 38.000
Árbitro: Barba Ibáñez (  Andalucía)
Juanito de la Cruz   5'
Juanjo   54'
Informe
Hugo   10'
Silva   48' (penalti)
Rubén   70'
 

Un ano despois, na tempada 2015/2016, o CD Choco torna a repetir o seu mellor resultado histórico, ao finalizar cuarto na temporada regular. Así, por segundo ano consecutivo, o equipo clasificábase para a fase de ascenso á Segunda División B. O mesmo que acontecera o ano anterior, o equipo redondelán foi emparellado con outro equipo extremeño, desta vez o CD Badajoz.[4]


CD Choco 2 - 1   CD Badajoz 23 de maio de 2016, 17:00 – Estadio de Santa Mariña, Redondela
Asistencia: 1.400
Árbitro: Pelaez Fernández (  Asturias)
Comis   28'
Fer   61'
Informe
Carreño  50' (penalti)
 


CD Badajoz   - CD Choco Badaxoz

 

Uniforme e cores editar

 
O vermello e o azul son as cores representativas do CD Choco.

O CD Choco viste con camisola e medias vermellas e pantalón azul nos seus partidos como local; e con camisola verde, pantalón branco e medias vermellas nos seus partidos coma visitante. O material deportivo é da marca Warrior, que ten a súa sede de distrubución nacional en Redondela.

A cor que tradicionalmente definiu ao CD foi o vermello. Ademais de ser habitualmente a cor da primeira equipación do club, é tamén a cor predominante no escudo. Dito escudo está composto por brasón cun fondo vermello, no que se pode apreciar un choco de cor prata na parte central, na que se pode ler a palabra Choco en letras de cor negra. Nos costados do cefalópodo, sobresaen as letras "C" (de Club), "D" (de Deportivo) e "R" (de Redondela).

Estadio editar

 
Estadio de Santa Mariña, con campos de adestramento anexos.
Artigo principal: Estadio de Santa Mariña.

O actual estadio do CD Choco é o Campo Municipal de Santa Mariña. Está situado na saída de Redondela cara a Pontevedra, e nese mesmo campo tamén xogan e adestran os seus equipos de categorías inferiores. Está constituído por herba sintética, e accédese a el a través da Rúa ao Campo de Fútbol, desde a estrada N-550.

Conta cun campo principal con capacidade para 1000 espectadores. En 2015 instaláronse novas bancadas e habilitáronse accesos para persoas discapacidatas, cun elevador para chegar aos asentos máis altas.[5]

Ademais do estadio principal, existe un campo de adestramento anexo. A partir de 2013, a area da que estaba constituído foi substituída por herba artificial[6]. As medidas do campo anexo son menores que o campo principal, e só se empregan para adestramentos ou partidos de fútbol 7.

Aínda que non se ten constancia exacta da data da súa construción, sábese que se deseñou para acoller os partidos como local do CD Redondela, club que existiu en redondela desde 1944 até 1952. A construción do estadio fíxose a base de terra, a meirande parte dela transportada desde o monte da Telleira, probablemnte empregando padiolas e carros de cabalos.[7] Ao estar situado nunha marisma, existen testemuñas de anegamento do campo cando se producían mareas vivas.[8]

Datos do club editar

Historial nas competicións editar

Tempada Categoría Posto
1954/55 1ª Aut.  
1955/56 Preferente
1956/57 Preferente
1957/58 Preferente
1958/59 Preferente
1959/60 Preferente  
1960/61
1961/62 15º  
1962/63 Preferente  
1963/64
1964/65
1965/66 16º  
1966/67 Preferente
1967/68 Preferente
1968/69 Preferente
1969/70 Preferente
1970/71 Preferente
1971/72 Preferente 14º
1972/73 Preferente 16º
1973/74 Preferente 20º  
1974/75 1ª Aut
1975/76 1ª Aut
1976/77 1ª Aut
1977/78 1ª Aut  
Tempada Categoría Posto
1978/79 Preferente
1979/80 Preferente  
1980/81 17º  
1981/82 Preferente 12º
1982/83 Preferente 17º
1983/84 Preferente 12º
1984/85 Preferente 13º
1985/86 Preferente
1986/87 Preferente
1987/88 Preferente 13º
1988/89 Preferente 18º  
1989/90 1ª Aut
1990/91 1ª Aut 11º  
1991/92 2ª Aut  
1992/93 1ª Aut 13º
1993/94 1ª Aut 16º  
1994/95 2ª Aut
1995/96 2ª Aut  
1996/97 1ª Aut
1997/98 1ª Aut
1998/99 1ª Aut  
1999/00 Preferente 18º  
2000/01 1ª Aut
2001/02 1ª Aut 12º
Tempada Categoría Posto
2002/03 1ª Aut  
2003/04 Preferente 10º
2004/05 Preferente
2005/06 Preferente
2006/07 Preferente
2007/08 Preferente
2008/09 Preferente
2009/10 Preferente
2010/11 Preferente
2011/12 Preferente
2012/13 Preferente  
2013/14
2014/15
2015/16
2016/17 10º
2017/18
2018/19
2019/20
2020/21
2021/22 3ª RFEF
2022/23 3ª RFEF 16º  

Xogadores editar

Cadro 2015/16 editar

  • Actualizado a 19 de outubro de 2015.
 
Pablo Couñago xogou no CD Choco na tempada 2013/2014. Posteriormente fichou polo Honka FC finés.
Posto País Xogador
POR   David Cortegoso
POR   Aarón Puentes
POR   Adrián
DEF   Puyi
DEF   Lucas Fernández
DEF   Saúl
DEF   Lucas Carminati
DEF   Suso
DEF   Valiente
DEF   Saul
MED   Pablo Piñeiro  
MED   Alexandre Currás "Curri"
MED   Xoxé
MED   Fernando
MED   Oscar Comís
Posto País Xogador
MED   Berto
MED   Gonza
MED   Ronald
MED   Ricardo Baz
MED   Brian
MED   Miguel Fernández
MED   Pablo Pérez
DIA   Aitor Gómez
DIA   Fernán Ferreiroa
DIA   Diego Silva
DIA   Javi Prieto
DIA   Albert Perez
DIA   Rober
DIA   Félix Rial

Xogadores de éxito editar

Adestradores editar

  •   Alén (1988/89)
  •   López (1989/90)
  •   Luis Poceiro (1989/90)
  •   Luis Poceiro (1990/91)
  •   Reigosa (1990/91)
  •   Reigosa (1991/92)
  •   David Otero (1991/92)
  •   Roberto (1992/93)
  •   Luis Viñas (1992/93)
  •   Landa (1992/93)
  •   Landa (1993/94)
  •   Jose Luis (1993/94)
  •   Domingos Abal (1994/95)
  •   David Otero (1995/97)
  •   Catalán (1997/98)
  •   Generoso Muiños (1997/99)
  •   Domingos Abal (1999/00)

Palmarés editar

Torneos nacionais editar

Outros torneos editar

  • Campión "Banco de Bilbao" de Ponteareas: 3 (I, III e V edicións).

Recoñecementos editar

  • Antorcha de Prata concedida polo xornal Hoja del Lunes de Vigo recoñecendo o seu labor no desenvolvemento e enaltecemento do deporte.

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Compostimes. (ed.). "CD Choco, creciendo desde la base.". Arquivado dende o orixinal o 15 de abril de 2016. Consultado o 25 de maio de 2016. 
  2. La Voz de Galicia (ed.). "Un Choco para a historia.". Consultado o 19 de outubro de 2015. 
  3. López, Roberto. Badajoz Deportes, ed. "¿Por qué el CD Choco se llama así?". Consultado o 25 de maio de 2016. 
  4. Castrillón, Carlos. Faro de Vigo, ed. "El Badajoz, primer rival del Choco en su camino hacia Segunda B.". Consultado o 24 de maio de 2016. 
  5. La Voz de Galicia (ed.). "Redondela invertirá dos millones en el complejo deportivo.". 
  6. Pinacho, Antonio. Faro de Vigo, ed. "Redondela inicia la remodelación de las instalaciones deportivas de Santa Mariña.". Consultado o 21 de maio de 2016. 
  7. Migueles, J. Anecdotario redondelán., ed. "Futbol: Equipos". Arquivado dende o orixinal o 09 de abril de 2016. Consultado o 21 de maio de 2016. 
  8. Franco, Fernando. Faro de Vigo, ed. "Tenéis una cita con Kerouac.". Consultado o 21 de maio de 2016. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar