A Cloaca Máxima era unha rede de sumidoiros construída en Roma que atravesaba o Foro e desaugaba no río Tíber.

Segundo a tradición, a Cloaca Máxima foi obra do rei Tarquinio Prisco, no VI a.C. para drenar os vales situados entre os outeiros do Capitolio, o Quirinal e o barrio da Subura. Medía uns 600 metros e tiña un diámetro de 4 a 5 metros. Aínda existe hoxe e a boca é visíbel preto da ponte do Palatino.

A Cloaca Máxima partía do Arxileto, onde recollía as augas do Esquilino, o Viminal e o Quirinal e atravesaba o Foro e o Velabrum de nordeste a suroeste. Parte do percorrido era por superficie e seguiuse o trazado dun curso de auga xa existente.