Clifford Mishler

numismático e editor estadounidense


Clifford Leslie Mishler, nado o 11 de agosto de 1939 en Vandalia, Míchigan, é un numismático e editor estadounidense, vinculado á editorial Krause Publications e á American Numismatic Association.

Infotaula de personaClifford Mishler
Biografía
Nacemento11 de agosto 1939
Vandalia, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstadounidense
Educación Universidade do Noroeste.
Coñecido porPresidente da ANA.
Actividade
Campo de traballoNumismática e negocios.
Ocupaciónnumismático , escritor Editar o valor em Wikidata
Familia
Cónxuxe- Sandra Rae Knutson (1963).
- Sylvia Mae Doyle (1976).
Premios
(1983): Ao mérito (ANA).
(1984): Farran Zerbe (ANA)
(1991): G. Smedley (ANA).
(1991): Premio Clemy (NLG).
(2002): Numismático do ano (ANA).
(2004): Hall of Fame (ANA).
(2005): B. Anderson (ANA-ANS-NLG).

Traxectoria editar

Clifford Mishler naceu o 11 de agosto de 1939 en Vandalia, Míchigan, e recibiu a súa formación universitaria na Northwestern University, na que se graduou en 1958.[1]

Afeccionado á medallística desde a súa xuventude, o mesmo ano da súa graduación publicou a obra United States and Canadian Conmemorative Medals and Tokens, e a partir de 1959 comezou a emitir e a comercializar diversas series de medallas conmemorativas de carácter histórico e artístico, actividade que mantivo ata 1962.[1]

O 13 de marzo de 1963 foi contratado por Cheste Krause para a súa editorial Krause Publications, como editor asociado da revista Numismatic News, da que no período 1964-1966 foi ascendido a editor xefe. Entre 1966 e 1975, Clifford Mishler ocupou o posto de editor xefe de todas as publicacións numismáticas da editorial. De 1975 a 1988 pasou a responsabilizarse de todas as publicacións de Krause Publications. Canto aos cargos directivos na compañía, entre 1975 e 1988 ocupou o cargo de vicepresidente executivo; de 1988 a 1990 ascendeu a vicepresidente sénior e o 1 de xaneiro de 1991 asumiu a presidencia da compañía.[1]

En Krause Publications foi autor, xunto con outros autores como Chester Krause e Albert Pick, dalgunhas das súas publicacións máis sobranceiras no ámbito numismático, sinaladamente Standard Catalog of World Coins (1972), Standard Catalog of World Paper Money (1975) ou Standard Guide to U. S. Coin and Paper Money (1975), todas elas con numerosas reedicións actualizadas.[1]

En paralelo á súa actividade no ámbito editorial, Mishler formou parte do equipo directivo do First State Bank of Iola (1972-1983) e da empresa Scandinavia Telephone Company desde 1981.[1]

No ámbito asociativo, Mishler formou parte de varias entidades numismáticas; entre outras, foi nomeado membro vitalicio da American Numismatic Society e da American Numismatic Association, e desta última foi o seu presidente no período 2009-2011.[2] Tamén presidiu a Token and Medal Society, entre os anos 1976 e 1978.[3]

A influencia de Mishler foi decisiva na emisión de moi diversas moedas conmemorativas por parte da Casa da Moeda dos Estados Unidos, como membro de diversos comités asesores, entre eles a Assay Commission (1973). Tamén participou na comercialización do tesouro de dólares Morgan da Ceca de Carlson City, que se levou a cabo en diversas poxas públicas entre 1972 e 1980.[1]

Aínda retirado do mundo empresarial, mantívose activo como escritor de temas numismáticos ocupándose da sección "On The Scene" na revista Numismatic News a partir de 2020.[4]

Recoñecementos editar

Vida persoal editar

Mishler casou en decembro de 1963 con Sandra Rae Knutson. Logo de finar esta en 1972, casou en segundas nupcias con Sylvia Mae Doyle o 27 de febreiro de 1976. Tivo tres fillas.[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Smith, P. (2012).
  2. "ANA Presidents 1891 to the present". American Numismatic Association.
  3. 3,0 3,1 Coin World: Celebrating 60-The Most Influential People in Numismatics 1960-2020. Amos Media. (2021). Páxina 124.
  4. Mishler, C. (2020). "On the Scene: ANA National Money Show Attendance Rounds Out February". En Numismatic News. Vol. 69. Nº 9.
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 "American Numismatic Association Past Award Recipients". American Numismatic Association.
  6. "The Clemy Award Winners". Numismatic Literary Guild.
  7. "ANA names Cliff Mishler 2002 Numismatist of the Year Arquivado 06 de setembro de 2021 en Wayback Machine.". American Numismatic Association.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar