Cleptocracia (do grego. clepto: quitar; e cracia: forza = dominio dos ladróns) é o establecemento e desenvolvemento do poder baseado no roubo de capital, institucionalizando a corrupción e os seus derivados coma o nepotismo, o clientelismo político, o peculado, de forma que estas accións delictivas quedan impunes, debido a que todos os sectores do poder están corrompidos, desde a xustiza, funcionarios da lei e todo o sistema político e económico.[1]

É un termo de recente acuñación, e adóitase usar despectivamente para dicir que un goberno é corrupto e ladrón.[2][3]

Características editar

Nunha cleptocracia os mecanismos do goberno dun estado dedícanse case enteiramente a gravar os recursos e á poboación do país (por medio de impostos, non retribuibles a eles; desvíos de fondos etc), os dirixentes do sistema, amasan grandes fortunas persoais, en especial o presidente ou o maior cargo de xefe de estado, xunto ós máis achegados comao s ministro e asesores persoais. Na cleptocracia o diñeiro ó lavado ou desvíase a contas bancarias secretas, polo xeral en paraísos fiscais, como encubrimento do roubo.[3]

A cleptocracia dáse xeralmente en ditaduras ou unha certa forma de gobernos autocráticos, posto que na democracia faise máis difícil encubrila, aínda que houbo casos de gobernos en aparencia democráticos que foron considerados cleptócratas, coma os de varios países de América Latina.

As economías dos réximes cleptocráticos tenden a decaer constantemente, pois a corrupción sistemática creada polo goberno significa que a economía está subordinada ós intereses dos cleptócratas. Ademais as economías baseadas na extracción de materias primas (exemplo, os minerais e o petróleo) poden ser particularmente propensas a ser cleptócratas.

Historicamente, o ambiente sociopolítico asociado ó sistema colonial -a dominación de países colonizados, onde as súas economías son moi vulnerables ó depender por un número pequeno de materias primas- foron particularmente proclive á creación das últimas cleptocracias, sendo África e América Latina, as rexións máis propensas.

Algúns analistas utilizan o termo 'cleptocracia' para desacreditar os procesos políticos que permiten que as grandes corporacións sexan influentes na política. Ralph Nader chamou a Estados Unidos unha cleptocracia, nese sentido da palabra, durante a campaña presidencial do ano 2000 dese país. De todas formas un termo máis exacto para esta influencia sobre un estado é a plutocracia.

Notas editar

  1. "kleptocracy and divide-and-rule: a model of personal rule". Arquivado dende o orixinal o 24-05-2012. Consultado o 08-02-2018.  |first1= sen |last1= in Authors list (Axuda)
  2. Marques, Rafael. Diamantes de sangue: corrupção e tortura em Angola Arquivado 02 de abril de 2015 en Wayback Machine.. Lisboa: Tinta-da-China, 2011, 230p.
  3. 3,0 3,1 "Suharto tops corruption rankings" (en inglés). 2004-03-25. Consultado o 2018-02-08. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar