Cleopatra (filme de 1917)

filme de 1917 dirixido por J. Gordon Edwards

Cleopatra é un filme de 1917 dirixido por J. Gordon Edwards e coa vampiresa[1] do momento (Theda Bara), con Fritz Leiber o pai (1882 - 1949) como Xulio César e con Thurston Hall (1882 - 1958) como Marco Antonio.[2]

Cleopatra
Cartel orixinal do filme.
Ficha técnica
Título orixinalCleopatra
DirectorJ. Gordon Edwards
ProdutorWilliam Fox
GuiónH. Rider Haggard
Adrian Johnson
Émile Moreau
Victorien Sardou
IntérpretesTheda Bara
Fritz Leiber Sr.
Thurston Hall
MúsicaSen son
FotografíaEdward M. McDermott
MontaxeJohn W. Boyle
Rial Schellinger
George Schneiderman
DistribuidoraFox Film Corporation
Estrea1917
Duración125 minutos
OrixeEstados Unidos
Orzamento$500,000
Na rede
IMDB: tt0007801 Allmovie: v87424 TCM: 494122 Editar o valor em Wikidata

Foi unha das producións máis elaboradas de Hollywood até entón, con decorados e vestiarios moi traballados. Segundo indicaba o estudo, a película custou 500 000 dólares e empregou case 200 persoas.

A historia deste filme mudo está baseada na obra de William Shakespeare Antonio e Cleopatra.[3] Theda Bara aparece cunha gran cantidade de fantásticos vestidos bastante ousados para a época. O filme tivo un grande éxito.

Anos despois, as normas de Hollywood xulgaron este filme como demasiado impúdico para ser visto, e as últimas dúas copias foron destruídas nos incendios dos Estudos Fox. Só algúns fragmentos, hoxe en mans do Museo de Arte Moderna de Nova York, sobreviviron até os nosos días.

Elenco de actores editar

 
Theda Bara como Cleopatra.
Fragmento da película

Notas editar

  1. "Dicionario - Real Academia Galega". academia.gal. Consultado o 2017-03-15. 
  2. O actor que representou o personaxe de Xulio César neste filme era o pai do escritor de ciencia ficción Fritz Leiber.
  3. McCaffrey, Donald W.; Jacobs, Christopher P. (1999). Guide to the Silent Years of American Cinema. Greenwood Publishing Group. p. 82. ISBN 0-313-30345-2. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar