O clavicémbalo ou clavecín é un instrumento de cordas beliscadas accionado por teclado.

Clavicémbalo do estilo Flamand.

Características editar

Pese a súa aparente semellanza co piano, os dous instrumentos son completamente distintos, xa que as cordas do piano non son beliscadas, se non percutidas. No clavicémbalo, en troques, son beliscadas por plectos accionados con listas de madeira que comunican coa tecla. O belisco pode ter lugar en distintos puntos da corda para obter diferentes timbres. Inventado no século XIV, o clavicémbalo fíxose famoso en Italia en 1400 grazas aos construtores Alessandro e Antonio de Módena, P. Bellisono de Pavia, Doménico de Pésaro e outros. Os músicos Domenico Scarlatti e Johann Sebastian Bach son autores de numerosas obras para este instrumento.