Clara Peeters, nada en Antuerpen arredor de 1590 e finada despois de 1621,[1] foi unha pintora flamenga, considerada unha das iniciadoras do bodegón ou natureza morta nos Países Baixos.[2] Caracterizouse por popularizar o uso do autorretrato agachado en obxectos das naturezas mortas que moitos outros artistas emularon.[2]

Infotaula de personaClara Peeters

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1594 Editar o valor em Wikidata
Antuerpen Editar o valor em Wikidata
Morte1657 (>1657) Editar o valor em Wikidata (62/63 anos)
Antuerpen Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadePaíses Baixos dos Habsburgo (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoPobo flamengo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Antuerpen Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpintora Editar o valor em Wikidata
Período de actividadeagosto de 1607 Editar o valor em Wikidata - 1621 Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoNatureza morta Editar o valor em Wikidata
MovementoPintura barroca flamenga (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Catálogo críticoClara Peeters (1594-ca. 1640) and the development of still-life painting in northern Europe (en) Traducir (1992) Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables

WikiTree: Peeters-202

Consérvanse unhas trinta obras atribuídas a Peeters en todo o mundo, unha das poucas mulleres artistas activa en Europa durante a primeira metade do século XVII.

Traxectoria editar

 
Natureza morta, 1607, asinada "CLARA P 1607", cun pretzel tamén con forma de P

A biografía de Clara Peeters é moi pouco coñecida. En xeral, os estudosos indican que a súa obra apunta a que fose nativa de Antuerpen. Os arquivos desta cidade gardan un rexistro dunha Clara Peeters, filla de Jean (Jan) Peeters, que foi bautizada o 15 de maio de 1594 na igrexa de santa Walburga.[3] Un segundo documento informa dun matrimonio entre unha Clara Peeters e Henricus Joosen o 31 de maio de 1639, na mesma igrexa.[4] Con todo, tanto o nome Clara como especialmente o apelido Peeters eran comúns en Antuerpen.[5] Que fose bautizada en 1594 implicaría que as pinturas datadas en 1607 as faría con doce ou trece anos. Algúns estudosos dubidan que estas obras puidesen ser feitas por unha persoa tan nova e opinan que Peeters debeu nacer na década de 1580.[6][7][8]

Descoñécese todo o relativo á súa formación, aínda que o seu estilo amosa relacións coa obra de Osias Beert. A maioría dos artistas, así como os aprendices incluíanse nos rexistros da Guilda de San Lucas. Porén, o seu nome non se atopa nos arquivos de Antuerpen nin nos de Ámsterdam, Haarlem, Delft, A Haia ou Middelburg.[4] Os estudosos especulan que puido ser a filla dun pintor, e polo tanto non sería un requisito que fose incluída nos rexistros dos aprendices. Quizais o motivo é o feito de que se perdesen os arquivos da Guilda de Antuerpen entre os anos 1607 e 1628, e algúns dos nomes só se coñecen a través doutros documentos.[4] Polo menos unha das pinturas de Peeters leva o selo da Guilda de Antuerpen na súa parte posterior, indicando que de feito era un membro, ou que polo menos traballaba en paneis feitos por membros da Guilda.[4]

Peeters estaba establecida en Ámsterdam en 1611 e documentouse unha estadía na Haia en 1617.[9] Algúns investigadores suxeriron que ao non haber obras coñecidas de Peeters posteriores a 1621, deixou de pintar tras casar, como fixo Judith Leyster. A causa da cantidade de copias aparentes da súa obra feitas por diferentes mans, hai quen especulou con que dirixise unha pequena escola de artistas.[4] Dúas naturezas mortas da década de 1630 co seu estilo e asinadas CP, están consideradas actualmente anónimas e non realizadas por ela.[10] Supostamente se rexistrou unha pintura súa datada en 1657 que agora estaría perdida, e que sería moi posterior á data das súas obras conservadas. Non obstante, a falta de documentación máis precisa, o período de actividade probable, en que quedan comprendidas as súas obras asinadas, iría de 1607 a 1621.[11]

Non se conservan rexistros que informen da data de falecemento de Peeters; porén, os investigadores especulan con varias datas: 1621 ou posterior;[7] despois de 1654; despois de 1657; 1659 e 1676.[4]

Obra editar

Peeters estaba especializada no xénero do bodegón, en particular como autora de escenas de almorzo e florais en que obxectos preciosos de metal ou de cerámica se acumulan aparentemente desordenados xunto con flores, froitos e pezas de pesca ou caza creando un conxunto multicor.[12]

Meticulosa no detalle, Peeters incluíu pequenos autorretratos en miniatura nos reflexos das copas dalgúns dos seus bodegóns. Tamén era moi hábil para distinguir texturas. Algúns autores apuntan que nas súas pinturas existen simbolismos relixiosos, singularmente no Bodegón cun peixe e un gato (Museo Nacional de Mulleres Artistas), en que o peixe, símbolo de Cristo, estaría colocado na posición dunha cruz.[13]

 
Mesa, 1611, óleo sobre táboa, 52×73 cm. Madrid, Museo do Prado, procedente da colección da raíña Isabel de Farnesio

Clara Peeters aparece citada por Wendy Wasserstein en The Heidi Chronicles, onde a escritora estadounidense afirma na súa primeira escena que a obra de Peeters foi infravalorada debido ao seu sexo.

O Museo do Prado conta con catro dos seus bodegóns, procedentes da colección real e tres deles asinados en 1611; constitúe o grupo de obras máis amplo que se pode ver nun único museo, pois a produción coñecida de Peeters é moi escasa e está desperdigada en múltiples coleccións, varias delas privadas.

En 2016 Clara Peeters converteuse na primeira muller protagonista dunha exposición no Prado, organizada coa colaboración do Museo Real de Belas Artes de Antuerpen. Xunto coa exposición púxose o foco na situación das mulleres artistas de principios da Europa Moderna.[14] Entre as poucas mulleres pintoras dese tempo non estaba permitido o debuxo anatómico, que implicaba o estudo a partir do natural de corpos masculinos espidos. Isto reducía as oportunidades de aprendizaxe e por iso moitas pintoras se especializaron no bodegón.[15]

Galería editar

Notas editar

  1. Tanto o ano do seu nacemento como o do seu pasamento son descoñecidos. En RKD, voz «Clara Peeters», manéxanse datas que van de 1580 a 1589 para o seu nacemento e de 1621 ata 1659 para o seu falecemento; na colección do Museo do Prado sitúase o seu nacemento arredor de 1588/1590 e a súa morte despois de 1621.
  2. 2,0 2,1 Franganillo Lobato, Laura (7 de maio de 2014). "Clara Peeters, una artista por redescubrir - Mito | Revista Cultural" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 05 de agosto de 2018. Consultado o 29 de xuño de 2016. 
  3. Harris, Ann Sutherland, Linda Nochlin. Los Angeles County Museum of Art. Women Artists, 1550-1950. Os Ánxeles; Nova York: Los Angeles County Museum of Art; distribuído po Random House, 1976.
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 Decoteau, Pamela Higgs. Clara Peeters, 1594- ca 1640, Germany, Lingen: Luca Verlag, 1992.
  5. Van Der Stichelen, K., Westen, M., Elck zijn waerom: Vrouwelijke kunstenaars in België en Nederland, 1500-1950, Ludion Antwerpen 1999, blz. 141-143, ISBN 9055442712
  6. Vlieghe, 217, e nota 52 (páx. 297).
  7. 7,0 7,1 Willigen, Adriaan van der; Meijer, Fred G. (2003). A dictionary of Dutch and Flemish still-life painters working in oils : 1525-1725. Leiden: Primavera. pp. 158–159. ISBN 90-74310-85-0. 
  8. Non obstante, a precocidade da artista foi defendida por P. Hibbs Decoteau na primeira monografía dedicada á pintora: Clara Peeters 1594-ca. 1640 and the Development of Still-Life Painting in Northern Europe, Lingen, 1992.
  9. Wilenski, R.H. Flemish Painters 1430–1830. Nova York: Viking Press, 1960.
  10. Natureza morta dun almorzo e Natureza morta con marisco e ovos en RKD
  11. «Clara Peeters», RKD.
  12. Vlieghe, pp. 343-344. Vlieghe, por iso, denomina a este tipo de bodegón «bodegón acumulativo», do que sería iniciador Osias Beert.
  13. "Peeters, Clara" en Gaze, Delia, ed. Dictionary of Women Artists. 2 vols. Chicago: Fitzroy Dearborn, 1997, 1081.
  14. Europa Press (ed.). "Clara Peeters será la primera mujer pintora protagonista de una exposición en el Museo del Prado" (en castelán). Consultado o 29 de xuño de 2016. 
  15. "Clara Peeters. Una historia en imágenes - Interactivo - Museo Nacional del Prado". www.museodelprado.es. Consultado o 28 de outubro de 2016. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • "Gaze": Hochstrasser, Julie Berger, in: Gaze, Delia, ed. "Peeters, Clara" in Concise Dictionary of Women Artists, 2013, Routledge, 1136599010, 9781136599019
  • Slive, Seymour, Dutch Painting, 1600–1800, Yale UP, 1995,ISBN 0300074514
  • Vlieghe, H. (1998), Flemish art and architecture, 1585–1700, Yale University Press Pelican history of art. New Haven: Yale University Press. ISBN 0300070381

Ligazóns externas editar