O claqué, tamén chamado tap, é un estilo de baile estadounidense, no que se moven os pés ritmicamente mentres se realiza un zapateo musical.

Alumnos do Instituto Tecnológico y de Estudios Superiores de Monterrey bailan claqué.
Zapatos de claqué.

O tap orixinouse a partir da fusión das danzas de zocas de Irlanda, o norte de Inglaterra e Escocia, combinado cos bailes practicados polos afroamericanos, como a juba, entre o século XVII e o XVIII.

En 1739, prohibiuse aos escravos negros que utilizasen instrumentos de percusión. Isto motivounos a realizar a percusión cos pés e as mans.

Bailado nun principio polos escravos, puíuse nos Estados Unidos despois da súa Guerra de secesión. Os bailaríns, inmigrantes de diversos grupos, reuníanse para competir e para demostrar as súas mellores calidades e movementos. Desta maneira, mentres as danzas se mesturaban, un novo estilo de baile nacía: o tap americano. Os bailaríns relaxaron as posturas ríxidas irlandesas, usaron brazos e ombreiros para marcar e engadíronse novos pasos. A improvisación era o primordial deste baile.

Tras o seu auxe nos anos 30-40, cando conseguiu gran popularidade pola súa presenza en diversos musicais de Hollywood, e con artistas como Fred Astaire, o tap afastouse dos escenarios norteamericanos até rexurdir nos anos 70. Xa nos 80 houbo unha serie de shows en Broadway (Sophisticated, Ladies, Black and Blue) e de películas (White Nights, The Cotton Club) que lle deron un novo ímpeto.

O zapateo sempre se situou dentro do “show business”, máis que no circuíto da “danza seria”. Con todo, hoxe en día existen grandes compañías que fan tempadas en teatros antes impensables para o tap e os seus shows son soamente dedicados a esta danza.

O 25 de maio festéxase o día internacional do tap.

Véxase tamén editar