City of Manchester Stadium

Coordenadas: 53°28′59″N 2°12′01″O / 53.483055555556, -2.2002777777778

O City of Manchester Stadium, chamado Etihad Stadium dende 2011 por razóns de patrocinio, é un estadio de fútbol da cidade de Manchester, en Inglaterra, con capacidade para 55.097 seareiros, no que disputa como local os seus encontros o Manchester City, un dos clubs máis importantes da Premier League.

Etihad Stadium
Etihad Stadium
Datos
LocalizaciónManchester, Inglaterra
Construción
Inauguración2002 (Como estadio de atletismo)
Renovación2003 (Como estadio de fútbol)
Estadio
SuperficieDesso GrassMaster (Mestura de herba natural e fibra artificial)
Capacidade55.097
LocalíaManchester City Football Club
Eventos

O estadio foi deseñado para acoller os Xogos Olímpicos de 2000 que a cidade de Manchester pretendía organizar. Trala derrota da candidatura olímpica, a cidade presentou con éxito a súa candidatura para acoller os Xogos da Commonwealth de 2002. As obras do novo estadio comezaron en 1999, e o 25 de xullo de 2002 foi inaugurado coincidindo coa cerimonia de apertura dos campionatos. Tralo remate dos xogos o estadio de atletismo comezou a ser reformado para transformarse nun estadio de fútbol, retirando as pistas de atletismo e baixando uns metros o nivel do terreo de xogo para engadir un novo anel que aumentou a capacidade do estadio en case 7.000 asentos, pasando de 41.000 a 47.726. O Manchester City mudouse do seu antigo fogar, o estadio Maine Road, á súa nova residencia ó comezo da tempada 2003-04. Dende entón o club acadou dous títulos de liga en 2011-12 e 2013-14. En 2014 a capacidade do recinto aumentou de novo tralas reformas dun dos fondos do estadio, pasando de 47.405 a 55.097 asentos.

Ademais dos Xogos da Commonwealth de 2002, o estadio ten acollido eventos deportivos importantes como a final da Copa da UEFA de 2008, e foi seleccionada como unha das 13 sedes da Copa do Mundo de Rugby 2015.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

Outros artigos editar