Circuíto urbano de Sochi

Circuíto urbano de Sochi
Plano do Circuíto
Datos
Inauguración 21 de setembro de 2014[1]
Outros nomes
Carreiras FIA Fórmula 1
Gran Premio de Rusia (desde 2014)
GP2 Series (desde 2014)
GP3 Series (desde 2014)
TCR International Series (desde 2015)
Russian Touring Car Championship (desde 2014)
Capacidade 55.000[2]
Localización Sochi, Rusia
Lonxitude 5,848 km
Curvas 19
Volta rápida (2019) 1:35.761
Piloto récord Lewis Hamilton
Escudería récord Mercedes
Coordenadas Coordenadas: 43°24′30″N 39°57′56″L / 43.40833, 39.96556
Vista do Circuíto
Vista aérea do circuíto.

O Circuíto urbano internacional de Sochi [3] (ruso:Трасса в Олимпийском парке), coñecido anteriormente como o Circuíto do Parque Olímpico de Sochi, é un circuíto de carreiras urbano na cidade turística de Sochi no Mar Negro no Krai de Krasnodar, Rusia.[4][5] O circuíto é similar ao circuíto Gilles Villeneuve e Circuíto urbano de Homebush no que se correrá en torno ao lugar usado para a competición olímpica, neste caso, o Parque Olímpico de Sochi, escenario dos Xogos Olímpicos de Inverno de 2014. A carreira inaugural tivo lugar na tempada 2014, o primeiro ano dun contrato de sete anos. En outubro de 2011, o goberno ruso asinou 195´4 millóns de dólares para a construción do circuíto.[6]

A construción do circuíto no parque olímpico de Sochi marca o final dunha campaña de trinta anos por un Gran Premio de Rusia, con plan orixinario para un "Gran Premio da Unión Soviética" xa na tempada de 1983 antes de ser abandonado por "razóns burocráticas"[7] e varios intentos frustrados[8][9][10] e varios intentos infrutuosos nos anos intermedios.

O circuíto editar

 
O inicio da Gran Premio de Rusia de 2014

O circuíto de 5´848 é o terceiro máis longo do circuíto no calendario de Fórmula Un, por detrás de Spa-Francorchamps en Bélxica e Silverstone no Reino Unido.[11] O circuíto está construído en torno ao anel olímpico de Sochi, que é o conxunto costeiro de sedes olímpicas construídas para os Xogos Olímpicos de Inverno de 2014 que foron sede das competicións de hóckey sobre xeo, patinaxe de velocidade, curling, patinaxe artístico, pista curta etc., e o Estadio Olímpico de Fisht, onde se celebraron as cerimonias de apertura e clausura. A superficie non se colocou ata logo da cerimonia de clausura dos Xogos Olímpicos.[12] Unha parte do circuíto, uns 1´7 km., forman parte da vía pública.

 
A pista, en construción no Parque Olímpico de Sochi, en abril de 2014.

O circuíto, deseñado polo arquitecto alemán Hermann Tilke. A pista construída especificamente para ese evento ten 5´852 km de lonxitude, 19 curvas e permite velocidades máximas de 320 km/h. A largura da pista varía de 13 metros no seu punto máis estreito e de 15 metros na liña de meta. O circuíto, que é executado no sentido horario, está composto por 12 curvas de dereita e seis para a esquerda, e combina a alta velocidade e seccións técnicas. Coches de Fórmula 1 poden acadar unha velocidade máxima de 320 km/h na recta de 650 metros, cunha velocidade media de cerca de 215 km/h.[13]

O autódromo foi concluído en agosto de 2014 e a aceptación técnica foi feita o 19 de agosto de 2014 pola FÍA, que concedeu a licenza final. O contrato vai até 2020.[14]

A grella de saída está no extremo norte do Parque Olímpico xunto á estación de tren, en dirección suroeste cara a costa do Negro Mar. Descorre ao longo do bordo exterior da céntrica Praza das Medallas de Sochi, é dicir o podio das cerimonias de entrega de medallas olímpicas, a continuación, rodea a praza cara á esquerda e fai tres curvas ao redor do Palacio de Xeo Bolshói. A continuación, seguen unha serie de curvas pechadas antes de virar cara ao norte, onde a pista bordea o bordo do Parque Olímpico, por encima da principal vila olímpica e o Centro de Patinaxe Adler Arena. Logo pasa o centro de patinaxe e o centro de curling, antes de volver a detrás do paddock cara á estación de tren, e completar un circuíto con dous xiros á dereita de noventa grados.

Características editar

  • Capacidade espectadores: 55.000
  • Lonxitude do circuíto: 5´848 quilómetros.
  • Distancia da carreira de Fórmula 1: 53 voltas = 309´745 quilómetros. 19 curvas en total.
  • Configuración aerodinámica: media/alta. Velocidade máxima estimada 320 km/h con DRS, km/h sen DRS
  • Aceleración a fondo: 56% do tempo de volta.
  • Tempo de freado: 10% do tempo da volta.
  • Total de combustible necesario para a distancia de carreira:
  • Consumo de combustible: kg por volta.
  • Cambio de marchas por volta:
  • Número de zonas de freado:
  • Desgaste dos freos: medio
  • Desgaste dos pneumáticos:
  • Distancia dos Boxes:
  • Perda de tempo nunha parada en boxes:
  • Tempo total necesario para a parada en boxes: 21 segundos (media)
  • Efecto de combustible (custo en tempo por volta de 10 kg de combustible transportado): segundos.
  • Marca volta: 1:35.761, Lewis Hamilton - Mercedes 2019.

Todos os gañadores de Fórmula 1. no circuíto de Sochi editar

Ano Piloto Construtor Motor Pneu. Duración Lonxitude Voltas Tempo Data GP de
1 2014   Lewis Hamilton Mercedes Mercedes P 1:31:50,744 h 5´848 km 53 202´347 km/h 12 de outubro   Gran Premio de Rusia
2 2015   Lewis Hamilton Mercedes Mercedes P 1:37:11,024 h 5´848 km 53 191´233 km/h 11 de outubro
3 2016   Nico Rosberg Mercedes Mercedes P 1:32:41,997 h 5´848 km 53 200´482 km/h 1 de maio
4 2017   Valtteri Bottas Mercedes Mercedes P 1:28:08,743 h 5´848 km 52 206´860 km/h 30 de abril
5 2018   Lewis Hamilton Mercedes Mercedes P 1:27:25,181 h 5´848 km 53 212´592 km/h 30 de setembro
6 2019   Lewis Hamilton Mercedes Mercedes P 1:33:38,992 h 5´848 km 53 198´448 km/h 29 de setembro
7 2020   Valtteri Bottas Mercedes Mercedes P 1:34:00,364 h 5´848 km 53 197´697 km/h 27 de setembro
8 2021   Lewis Hamilton Mercedes Mercedes P 1:30:41.001 h 5´848 km 53 km/h 26 de setembro

Taboa de récords
Piloto: Lewis Hamilton (5) • País: Reino Unido (5) • Construtor: Mercedes (8) • Motor: Mercedes (8) • Pneumáticos: Pirelli (8)

Notas editar

  1. "Sochi Autodrom officially opened in Russia". Formula1.com (Formula One Administration). 22 de setembro de 2014. Consultado o 4 de outubro de 2014. 
  2. "Sochi Autodrom". worldofstadiums.com. Arquivado dende o orixinal o 06 de maio de 2017. Consultado o 10 July 2016. 
  3. Kabanovsky, Aleksander (22 de abril de 2013). "Vettel impressed by Russian circuit after first visit". Autosport.com (Haymarket Publications). Consultado o 22 de abril de 2013. 
  4. Collantine, Keith (14 de outubro de 2010). "Russia to join F1 calendar in 2014". F1 Fanatic (Keith Collantine). Consultado o 25 de xuño de 2011. 
  5. "OMEGA". OMEGA (Developer). Arquivado dende o orixinal o 23 de xaneiro de 2014. Consultado o 26 de outubro de 2011. 
  6. Elizalde, Pablo (26 de outubro de 2012). "Russia to spend $200m on F1 track". Autosport.com (Haymarket Publications). Consultado o 30 de abril de 2012. 
  7. "Формула нелюбви". Arquivado dende o orixinal o 04 de xuño de 2016. Consultado o 06 de decembro de 2013. 
  8. "Lenta.ru: Москва возвращается к проекту трассы "Формулы-1"". Arquivado dende o orixinal o 13 de marzo de 2012. Consultado o 06 de decembro de 2013. 
  9. Formula Onovich: Russian Grand Prix gears up again - Autoblog
  10. Еще одна трасса для «Формулы-1»
  11. Collantine, Keith (24 de outubro de 2014). "India’s F1 track: Another cookie-cutter circuit?". F1 Fanatic (Keith Collantine). Consultado o 30 de abril de 2012. 
  12. Saward, Joe (23 January 2012). "Meanwhile on the Russian Riviera". Joe Saward blogs about the world of F1 (WordPress). Consultado o 28 January 2012. 
  13. FORMULA 1 RUSSIAN GRAND PRIX, formula1.com, recuperado em 11 de outubro 2014
  14. Official FIA Circuit Inspection declares Sochi Autodrom ready to host a Formula 1 Grand Prix Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine., sochiautodrom.ru, recuperado em 11 de outubro 2014

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar