Circuíto de Pescara

Circuíto de Pescara
Plano do Circuíto
Datos
Carreiras
Localización Italia Pescara, Italia
Lonxitude 25,8 km
Curvas
Volta rápida (1957) 9:44.6
Piloto récord Stirling Moss
Escudería récord Vanwall
Coordenadas Coordenadas: 42°28′30″N 14°09′03″L / 42.475, 14.150833333333
Vista do Circuíto

O Circuíto de Pescara é un circuíto de estrada de 25,8 km preto de Pescara, Italia. A pista tiña dúas longas rectas entre os pobos, así como esixentes curvas no trazado costeiro. Os camiños eran estreitos e cheos de fochancas, e os 25.8 Km. de lonxitude convertérono no circuíto máis longo. A primeira carreira tivo lugar en 1924.

O circuíto foi utilizado no 1957 para o Campionato mundial de Fórmula 1. A carreira se celebrou excepcionalmente a causa da improvisada cancelación do Gran Premio de Bélxica e dos Países Baixos. A última carreira foi en 1961. Despois o circuíto foi retirado permanentemente como un lugar de carreiras, xa que era imposible para os organizadores garantir a seguridade dos condutores e espectadores.

Todos os gañadores de Fórmula 1, no circuíto de Pescara editar

Ano Piloto Auto Duración Lonxitude Voltas Velocidade media Data GP de
1957   Stirling Moss Vanwall 2:59:22.7 h 25´8 Km. 18 155´565 km/h 18. Agosto   Pescara