Circuíto Paul Ricard

Circuíto Paul Ricard
Plano do Circuíto
Datos
Carreiras FIA Fórmula 1
Gran Premio de Francia (2018–)
WTCC
Gran Premio de Francia
MotoGP
FIA GT
6 Horas de Castellet
Localización Francia Le Castellet, Francia
Capacidade 90.000 espectadores
Coordenadas Coordenadas: 43°15′02″N 5°47′30″L / 43.250555555556, 5.7916666666667
Trazado actual (2018–) (coa chicana Mistral)
Lonxitude km 5,842
Curvas 15
Récord tempo 1:32.740
Récord piloto Alemaña Sebastian Vettel
Récord equipo Ferrari
Récord ano 2019
Circuíto longo (1970–1999)
Lonxitude km 5´809
Curvas 14
Récord tempo 1:39.914
Récord piloto Finlandia Keke Rosberg
Récord equipo Williams-Honda FW10
Récord ano 1985
Circuíto Club (1986–1999)
Lonxitude km 3´812
Curvas 9
Récord tempo 1:08.012
Récord piloto Nigel Mansell
Récord equipo Ferrari 641
Récord ano 1990
Vista do Circuíto

O Circuíto Paul Ricard (Pronunciación francesa: ​[siʁkɥi pɔl ʁikaʁ]) é unha pista de carreiras de automobilismo construída en 1969 en Le Castellet, preto de Marsella, no sur de Francia, financiada polo excéntrico magnate do pastís (un anís típico de Marsella, cun grao alcohólico que rolda o 40-45%) Paul Ricard. Ricard quería experimentar o reto de construír unha pista de carreiras.

Historia editar

Recibe o nome do excéntrico magnate das bebidas que vivía na comunidade próxima de Signes.

Cando se inaugurou o 19 de abril de 1970,[1] as súas innovadoras instalacións convertérono nun dos circuítos de carreiras de motor máis seguros do mundo no momento da súa apertura.[Cómpre referencia] O circuíto tiña tres posibles trazados da pista, un gran parque industrial e unha pista de aterraxe. A combinación de modernas instalacións, un clima invernal suave e unha pista de aterraxe popularizárono entre os equipos de carreiras para as probas de automóbiles durante a tempada invernal anual.[Cómpre referencia]

A pista orixinal estaba dominada pola longa recta Mistral de 1´8 km seguido pola curva de Signes de alta velocidade á dereita. A longa recta principal e outras seccións rápidas converteron a pista en moi dura para os motores mentres xa que corrían a máximas revolucións durante períodos prolongados. Os fallos de motor eran comúns, como o grande accidente de Ayrton Senna durante o Gran Premio de 1985 despois de que o motor Renault do seu Lotus fallara trompeou en Signes sobre o seu propio aceite e estrelouse fortemente, afortunadamente con só leves hematomas para o piloto. Nigel Mansell estrelouse no mesmo lugar o mesmo fin de semana durante a práctica e sufriu unha conmoción cerebral que o mantivo fóra da carreira. O accidente de Mansell foi o resultado dunha picada lenta no seu pneumático traseiro esquerdo e causou que explotase a máis de 320 km/h, que rompeu a á traseiro do seu Williams FW10. O FW10 con motor de Honda ten o récord de volta ao circuíto orixinal cando o compañeiro de equipo de Mansell Keke Rosberg logrou un tempo de 1:39.914 durante o Gran Premio de Francia de 1985. Durante a cualificación para a carreira de 1985, o piloto suízo Marc Surer rexistrou o que nese momento era a maior velocidade rexistrada por un coche de Fórmula Un na recta Mistral cando o seu turbo de 1.000 bhp (746 kW; 1,014 PS) empuxou o seu Brabham - BMW a 338 km/h. En comparación co coche máis lento da carreira, o Tyrrell-Ford V8 atmosférico de Stefan Bellof que só podía acadar os 277 km/h. como era de esperar, Bellof cualificou 9 segundos máis lento que Surer e 12 segundos máis lento que o gañador da pole Rosberg.

Paul Ricard abriu en 1970 cunha carreira de coches deportivos de 2 litros, gañada por Brian Redman[2] e durante os anos 1970 e 1980 a pista desenvolveu algúns dos mellores pilotos franceses da época, incluíndo o catro veces o campión mundial de pilotos, Alain Prost, que gañou o Gran Premio de Francia no circuíto en 1983, 1988, 1989 e 1990. O circuíto acolleu o Gran Premio de Francia de Fórmula Un en moitas ocasións, o primeiro dos cales foi o Gran Premio de Francia de 1971.

O circuíto tamén foi amplamente usado como pista de probas, especialmente na Fórmula Un. En 1986, o piloto de Fórmula Un Elio de Angelis morreu nun accidente nunhas probas na primeira curva rápida despois de que rompese a parte traseira do seu Brabham BT55. Aínda que o circuíto non foi a causa do colapso, modificouse para facelo máis seguro. A lonxitude da recta Mistral reducíuse de 1´8 km de lonxitude a pouco máis 1 km, e as magnícas e rápidas curvas de Verierre onde Angelis morreu foron eliminadas. Efectivamente, despois da recta de saída, no canto de dirixirse ás curvas de Verierre á esquerda, os coches agora frenaban con forza e viraban á dereita nun curto espazo que conectaba os boxes á recta Mistral. Isto cambiou a lonxitude do circuíto de Gran Premio de 5´81 km a só 3´812 km. Isto tamén tivo o efecto de cortar os tempos por volta, desde o tempo de Keke Rosberg de 1985 de 1:32.462 no seu Williams - Honda turbo, ao de Nigel Mansell en [[[Gran Premio de Francia de 1990|1990]]] de 1:04.402 co seu Ferrari V12.

O último Gran Premio de Francia disputado no circuíto foi en 1990, o evento trasladouse ao Circuíto de Nevers Magny-Cours onde se disputou ata o 2008. Desde entón, houbo discusións sobre a volta do Gran Premio de Francia a Paul Ricard, un dos circuítos considerados como o lugar axeitado.

Durante a súa vida hospedando unha rolda do Campionato do Mundo de Fórmula 1, Paul Ricard recibiu o Gran Premio de Francia en 14 ocasións entre 1971 e 1990. O circuíto longo usouse entre 1971 e 1985, e o Circuíto Club usouse entre 1986 e 1990. En seis ocasións (1971, 1975, 1976, 1978, 1980 e 1989) o gañador de Paul Ricard gañou o Campionato do Mundo no mesmo ano. Ronnie Peterson (1973 e 1974) e René Arnoux (1982) son só os gañadores de Ricard que nunca gañaron o campionato. Na década de 1990 o uso do circuíto estaba limitado ás carreiras de motos e ás carreiras nacionais francesas, e máis notablemente ata 1999, a carreira das 24 horas de motociclismo da Bol d'or. A pista tamén foi a sede do equipo Oreca F3000. Logo da morte de Ricard, a pista foi vendida en 1999 a Excelis, unha compañía propiedade do promotor de Fórmula Un, Bernie Ecclestone por preto de 11 millóns de dólares. Desde entón o circuíto foi completamente reconstruído e segue en activo. A pista reconstruíuse como pista de probas avanzada e foi por un tempo coñecida como Paul Ricard High Tech Test Track (Paul Ricard HTTT) antes de cambiar o seu nome ao de Circuíto Paul Ricard. Unha pista de aterraxe axeitada para avións privados é unha das instalacións do circuíto. Existe unha pista de Karting Test Track (KTT) que presenta o mesmo tipo de zonas de seguridade abrasiva que a pista de coches. O circuíto tamén acolleu algunhas carreiras, incluíndo o 500 km. de Paul Ricard de 2006, unha rolda do FIA GT Championship. Outros campionatos GT disputaron carreiras aquí, especialmente o Ferrari Challenge e as carreiras organizadas polos clubs Porsche de Francia e Italia. O 5 de decembro de 2016, anunciouse que o O Gran Premio de Francia volvería ao calendario de Fórmula 1 para a tempada 2018 que tivo lugar no Circuíto Paul Ricard. Este foi o primeiro Gran Premio de Francia desde a tempada 2008 de Fórmula Un (o último realizado en Magny-Cours) e o primeiro no Circuíto Paul Ricard desde 1990.[3][4]

A pista editar

Características editar

  • Capacidade espectadores: 90.000 espectadores
  • Lonxitude do circuíto: 5´842 quilómetros.
  • Distancia da carreira de Fórmula 1: 53 voltas = 309´69 quilómetros. 15 curvas en total (9 de dereitas e 6 de esquerda)
  • Configuración aerodinámica: alta. Velocidade máxima estimada 343 km/h
  • Aceleración a fondo:
  • Tempo de freado:
  • Total de combustible necesario para a distancia de carreira:
  • Consumo de combustible: Baixo, x kg por volta.
  • Cambio de marchas por volta:
  • Número de zonas de freado:
  • Desgaste dos freos: Baixo
  • Desgaste dos pneumáticos:
  • Distancia dos Boxes:
  • Perda de tempo nunha parada en boxes:
  • Tempo total necesario para a parada en boxes:
  • Efecto de combustible (custo en tempo por volta de 10 kg de combustible transportado):
  • Marca volta: 2018 Valtteri Bottas 1’34”225

A pista caracterízase pola súa longa recta Mistral (1´8 km}) e o alongado deseño da pista. A pista tamén é infrecuente porque está construída sobre unha chaira e é moi plana. En 1986 modificouse a pista para acurtar o circuíto, engadindo un acceso directo ata o medio da recta Mistral. Este circuíto máis curto tamén é coñecido como o circuíto Club de 3´813 km. de longo. A pista ofrece 167 configuracións posibles desde 0´826 km ao completo de 5´861 km..[5] A elevación da pista varía dos 408 aos 441 m por riba do nivel do mar. A súa versatilidade e o suave clima no inverno significa que se usa para probas por varios equipos dos deportes de motor, incluídos os equipos de Fórmula 1.

A pista é coñecida polas súas distintas zonas negras e azuis, coñecidas como "Zona Azul" (zona de seguridade). A superficie de escape consiste nunha mestura de asfalto e tungsteno, usada no canto de trampas de grava, común noutros circuítos.[6] Unha segunda zona de escape máis profunda é a Zona Vermella, cunha superficie máis abrasiva deseñada para maximizar a adherencia do pneumático e, polo tanto, minimizar a freada. distancia, aínda que a costa dun desgaste extremo do pneumático. A protección final consiste en barreiras Tecpro, unha mellora moderna das barreiras de pneumáticos.[6]

Unha volta ao circuíto recentemente reasfaltado mide 5´842 km. e ten quince curvas, algunhas das cales foron remodeladas desde o anterior Gran Premio de Francia en 2019.[7][8] Tamén se fixeron cambios na entrada do pit lane.[9] Hai dúas zonas de DRS; unha está situada na recta principal e a outra entre a sétima e a oitava curva, na primeira metade da recta Mistral.[7]

Trazados editar

Todos os gañadores de Fórmula 1, no circuíto de Paul Ricard editar

Ano Piloto Construtor Motor Pneu. Tempo Lonxitude Voltas Velocidade media Data GP de
1 1971   Jackie Stewart Tyrrell Ford G 1:46:41,680 h 5,810 km 55 179,700 km/h 4. xullo   Francia
2 1973   Ronnie Peterson Lotus Ford G 1:41:36,520 h 5,810 km 54 185,264 km/h 1. xullo
3 1975   Niki Lauda Ferrari Ferrari G 1:40:18,840 h 5,810 km 54 187,655 km/h 6. xullo
4 1976   James Hunt McLaren Ford G 1:40:58,600 h 5,810 km 54 186,423 km/h 4. xullo
5 1978   Mario Andretti Lotus Ford G 1:38:51,920 h 5,810 km 54 190,404 km/h 2. xullo
6 1980   Alan Jones Williams Ford G 1:32:43,420 h 5,810 km 54 203,016 km/h 29. xuño
7 1982   René Arnoux Renault Renault M


1:33:33,217 h 5,810 km 54 201,215 km/h 25. xullo
8 1983   Alain Prost Renault Renault M


1:34:13,913 h 5,810 km 54 199,767 km/h 17. abril
9 1985   Nelson Piquet Brabham BMW P 1:31:46,266 h 5,810 km 53 201,325 km/h 7. xullo
10 1986   Nigel Mansell Williams Honda G 1:37:19,272 h 3,813 km 80 188,062 km/h 6. xullo
11 1987   Nigel Mansell Williams Honda G 1:37:03,839 h 3,813 km 80 188,560 km/h 5. xullo
12 1988   Alain Prost McLaren Honda G 1:37:37,328 h 3,813 km 80 187,482 km/h 3. xullo
13 1989   Alain Prost McLaren Honda G 1:38:29,411 h 3,813 km 80 185,830 km/h 9. xullo
14 1990   Alain Prost Ferrari Ferrari G 1:33:29,606 h 3,813 km 80 195,761 km/h 8. xullo
15 2018   Lewis Hamilton Mercedes Mercedes P 1:30:11,385 h 5,842 km 53 206,026 km/h 24. xuño
16 2019   Lewis Hamilton Mercedes Mercedes P 1:24:31,198 h 5,842 km 53 219,846 km/h 23. xuño
- 2020 Cancelada debido á Pandemia de COVID-19
17 2021   Max Verstappen Red Bull Honda P 1:27:25.770 h 5,842 km 53 212,530 km/h 20. xuño
18 2022   Max Verstappen Red Bull RBPT P 1:30:02.012 h 5,842 km 53 206´340 km/h 24. xullo

Récords
Piloto: Alain Prost (4) • País do piloto: Francia/Gran Bretaña (5 cada un) • Construtor: McLaren/Williams (3 cada un) • Motor: Ford (5) • Pneus: Goodyear (11)

Notas editar

  1. "Paul Ricard Circuit History". www.circuitpaulricard.com. 8 de decembro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2016. Consultado o 8 de decembro de 2016. 
  2. "Paul Ricard Circuit, France (April 19th)". www.motorsportmagazine.com. Consultado o 8 de decembro de 2016. 
  3. Billiotte, Julien (5 de decembro de 2016). "Le Grand Prix de France confirmé au Ricard - F1i.com". F1i.com (en francés). Arquivado dende o orixinal o 07 de decembro de 2016. Consultado o 5 de decembro de 2016. 
  4. Benson, Andrew (5 de decembro de 2016). "French Grand Prix returns for 2018 after 10-year absence". BBC Sport. Consultado o 5 de decembro de 2016. 
  5. "Official website". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2018. Consultado o 24 de xuño de 2018. 
  6. 6,0 6,1 Paul Ricard High Tech Test Track, The Marshal: Incorporating Rescue & Resuscitation, abril 2007 (Issue 21)
  7. 7,0 7,1 "Circuit Map" (PDF). Fédération Internationale de l'Automobile. 16 de xuño de 2021. Consultado o 17 de xuño de 2021. 
  8. Wood, Elliot (15 de xuño de 2021). "Will track tweaks produce a livelier race at Paul Ricard? Five French GP talking points". Race Fans. Consultado o 15 de xuño de 2021. 
  9. "F1 - French GP Preview". Fédération Internationale de l'Automobile. 16 de xuño de 2021. Consultado o 16 de xuño de 2021. 
  10. 10,0 10,1 "Paul Ricard Track Solutions" (PDF). Consultado o 30 de decembro de 2021. 
  11. "Paul Ricard Racingcircuits.info". Consultado o 24 de abril de 2021. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar