Circuíto Internacional de Bahrain

Circuíto Internacional de Bahrain
Plano do Circuíto
Datos
Inauguración 17 de marzo de 2004
Outros nomes Circuíto de Sakhir
Carreiras Fórmula 1
Gran Premio de Bahrain e Tests
Gran Premio de Sakhir
FIA WEC 6 Horas de Bahrain
V8 Supercars
FIA GT
Localización Bahrain Sakhir, Bahrain
Capacidade 70.000[1] espectadores
Circuíto (2005–2009, 2012-presente)
Lonxitude 5,412 km
Curvas 15 (9 dereita, 6 esquerda)
Volta rápida (2005) 1:31.447[2]
Piloto récord España Pedro de la Rosa
Escudería récord McLaren
Récord ano 2005
Circuíto exterior (2020)
Lonxitude km 3´543
Curvas 11
Récord tempo 0:55.504
Récord piloto George Russell
Récord equipo Mercedes
Récord ano 2020
Circuíto endurance (2010)
Lonxitude km 6´299
Curvas 23
Récord tempo 1:58.287
Récord piloto España Fernando Alonso
Récord equipo Ferrari
Récord ano 2010
Circuíto orixinal (2004)
Lonxitude km 5´417
Curvas 15
Récord tempo 1:30.252
Récord piloto Alemaña Michael Schumacher
Récord equipo Ferrari
Récord ano 2004
Circuíto interno
Lonxitude km 2´550
Curvas 8
Récord tempo
Récord piloto
Récord equipo
Récord ano
Coordenadas Coordenadas: 26°01′57″N 50°30′38″L / 26.0325, 50.510555555556
Vista do Circuíto


O Circuíto Internacional de Bahrain (en árabe حلبة البحرين الدولية baraahin al-intarnals wadjaviyaa), máis coñecido como Circuíto de Sakhir, é un autódromo localizado na cidade de Manama, Bahrain, sede do Gran Premio de Bahrein e do Gran Premio de Sakhir de Fórmula 1.

Historia editar

A construción do circuíto para poder albergar unha carreira da tempada de Fórmula 1 foi un obxectivo nacional para Bahrain, impulsado polo príncipe Salman bin Hamad Al Khalifa. O príncipe herdeiro é un gran entusiasta do deporte motor, ao momento que ocupa o cargo de Presidente Honorario da Federación de Automobilismo de Bahrain.

Os organizadores do Gran Premio temeron non chegar a terminar a tempo as construcións necesarias para a realización do evento de 2004, e solicitaron ao mandamáis da F1 Bernie Ecclestone a postergación para o 2005. Ecclestone negouse, e a carreira disputouse a pesar de que o autódromo non estaba terminado na súa totalidade.[3]

En 2007 converteuse no primeiro circuíto de Gran Premio ao que se concedeu o premio a Excelencia unha distinción da FIA, entregado por unha excelente seguridade, Dirección de Carreira, servizos médicos e polos altos estándares de tecnoloxía necesaria para manter estes.[4]

En 2011 o circuíto estaba programado para ser o primeiro GP da tempada. Pero, debido aos disturbios civís no país a carreira tivo que ser cancelada en marzo de 2011. a principios de xuño a FIA anunciou que a carreira ía ser trasladada para o 30 de outubro, na data orixinal para o primeiro GP da India, que se desprazaba a unha data de peche da tempada o 11 de decembro.[5] Pero, dous días máis tarde debido ás preocupacións dos equipos e outros estamentos, os organizadores da carreira cancelaron oficialmente a carreira.

O Gran Premio de Sakhir de 2020 dispouse cunha configuración da pista chamada Circuíto exterior, nunca usada ata ese momento pola Fórmula 1, caracterizada por 11 curvas e unha lonxitude de 3.543 metros. A última vez que a categoría usou unha configuración diferente ocorreu en 2010, con motivo da primeira proba da tempada, o Gran Premio de Bahrain de 2010, cando se utilizou outra configuración de pista, chamada Circuíto Endurance, caracterizado por 24 curvas e unha lonxitude de 6 299 metros, a máis longa de todas as configuracións utilizables do circuíto de Sakhir. Na historia da Fórmula 1 convértese no primeiro circuíto en organizar o Gran Premio válido para o campionato mundial en tres trazados diferentes.

Construción e deseño editar

O circuíto foi deseñado polo arquitecto alemán Hermann Tilke, o mesmo arquitecto que deseñou o Circuíto de Sepang de Malaisia. O contratista principal para o proxecto foi Cybarco-WCT.[6] O circuíto custou aproximadamente 56´2 millóns de dinares de Bahrein[7] (150 millóns de dólares).[8] Conta con seis pistas separadas, incluíndo un óvalo de proba e unha pista para drag.[8]

Un dos eventuais problemas que se temían para as carreiras, tiña que ver con que o circuíto está localizado no medio do deserto, co cal os ventos poderían arrastrar area cara ao trazado e alterar así o funcionamento das máquinas. De todos os xeitos, os organizadores do Gran Premio logran manter a area fóra da pista, mediante a utilización dun adhesivo que se rocía nas areas que rodean o trazado.[9]

A superficie da pista é do tipo de árido grauvaca, enviado a Bahrain desde a canteira de Bayston Hill en Shropshire, Inglaterra. O material da superficie é alabado polos directores de circuítos e pilotos de Fórmula 1 polo alto nivel de grip que ofrece. O mesmo material de árido utilízase no Circuíto de Yas Marina para a Gran Premio de Abu Dabi.[10]

Outras instalacións editar

Hai catro circuítos distintos sobre a pista principal.

  • Pista do Gran Premio (na figura superior deste artigo).
  • Pista interior (na sección media da pista: inclúe as curvas 5 a 12 do circuíto principal, cunha serie de pinzas que unen as curvas 12 e 5)
  • Pista exterior (inclúe a totalidade do circuíto, coa excepción das curvas 5 a 12)
  • Pista do paddock (inclúe a totalidade do circuíto, coa excepción das curvas 4 a 9)

Existen tamén no autódromo unha recta para picadas e unha pista oval.

Características editar

  • Capacidade espectadores: 70.000
  • Lonxitude do circuíto: 5´412 quilómetros.
  • Distancia da carreira de Fórmula 1: 57 voltas = 308´238 quilómetros.
  • Curvas:15 (6 iesquerda e 9 dereita)
  • Configuración aerodinámica: media. Velocidade máxima estimada 322 km/h con DRS, 310 km/h sen DRS
  • Aceleración a fondo: 64% do tempo de volta.
  • Tempo de freado: 16% do tempo da volta.
  • Total de combustible necesario para a distancia de carreira:
  • Consumo de combustible: kg por volta.
  • Cambio de marchas por volta:
  • Número de zonas de freado:
  • Desgaste dos freos: medio
  • Desgaste dos pneumáticos: alto
  • Distancia dos Boxes:
  • Perda de tempo nunha parada en boxes:
  • Tempo total necesario para a parada en boxes: 23 segundos (media)
  • Efecto de combustible (custo en tempo por volta de 10 kg de combustible transportado): 0´38 segundos.
  • Marca volta: Pedro de la Rosa - McLaren, 1.31.447 en 2005

Todos os gañadores de Fórmula 1, no circuíto de Manama-Sakhir editar

Ano Piloto Construtor Motor Pneus. Tempo Lonxitude Voltas Velocidade media Data GP de
1 2004   Michael Schumacher Ferrari Ferrari B 1:28:34,875 h 5,417 km 57 209,143 km/h 4. abril   Bahrain
2 2005   Fernando Alonso Renault Renault M


1:29:18,531 h 5,417 km 57 207,274 km/h 3. abril
3 2006   Fernando Alonso Renault Renault M


1:29:46,205 h 5,412 km 57 206,018 km/h 12. marzo
4 2007   Felipe Massa Ferrari Ferrari B 1:33:27,515 h 5,412 km 57 197,887 km/h 15. abril
5 2008   Felipe Massa Ferrari Ferrari B 1:31:06,970 h 5,412 km 57 202,975 km/h 6. abril
6 2009   Jenson Button Brawn Mercedes B 1:31:48,182 h 5,412 km 57 201,711 km/h 26. abril
7 2010   Fernando Alonso Ferrari Ferrari B 1:39:20,396 h 6,299 km 49 186,272 km/h 14. marzo
2011 cancelado debido a protestas político
8 2012   Sebastian Vettel Red Bull Renault P 1:35:10,990 h 5,412 km 57 201,143 km/h 22. abril
9 2013   Sebastian Vettel Red Bull Renault P 1:36:00,498 h 5,412 km 57 192,632 km/h 21. abril
10 2014   Lewis Hamilton Mercedes Mercedes P 1:39:42,743 h 5,412 km 57 185,476 km/h 6. abril
11 2015   Lewis Hamilton Mercedes Mercedes P 1:35:05,809 h 5,412 km 57 186,587 km/h 19. abril
12 2016   Nico Rosberg Mercedes Mercedes P 1:33:34,696 h 5,412 km 57 197,634 km/h 3. abril
13 2017   Sebastian Vettel Ferrari Ferrari P 1:33:53,373 h 5,412 km 57 196,979 km/h 16. abril
14 2018   Sebastian Vettel Ferrari Ferrari P 1:32:01,940 h 5,412 km 57 200,954 km/h 8. abril
15 2019   Lewis Hamilton Mercedes Mercedes P 1:34:21,295 h 5,412 km 57 196,008 km/h 31. marzo
16 2020   Lewis Hamilton Mercedes Mercedes P 2:59:47,515 h 5,412 km 57 102,865 km/h 29. novembro
17   Sergio Pérez Racing Point BWT Mercedes P 1:31:15,114 h 3,543 km 87 202,513 km/h 6. decembro   Sakhir
18 2021   Lewis Hamilton Mercedes Mercedes P 1:32:03,897 h 5,412 km 56 197,356 Km/h 28. marzo   Bahrain
19 2022   Charles Leclerc Ferrari Ferrari P 1:37:33,584 h. 5,412 km 57 189,523 Km/h 20. marzo
20 2023   Max Verstappen Red Bull Honda RBPT P 1:33:56.736 h. 5,412 km 57 196,862 Km/h 5. marzo
21 2024   Max Verstappen Red Bull Honda RBPT P 1:31:44,742 h. 5,412 km 57 201,743 Km/h 2. marzo

Estadísticas da carreira do Gran Premio de Bahrain editar

Data Piloto Tempo 2º posto 3º posto Pole Position Pole Volta rápida Tempo
1 04.04.2004   M. Schumacher (Ferrari) 1:28:34,875 h R. Barrichello J. Button M. Schumacher 1:30,139 m M. Schumacher 1:30,252 m
2 03.04.2005   F. Alonso (Renault) 1:29:18,531 h J. Trulli K. Räikkönen F. Alonso 1:30,902 m P. de la Rosa 1:31,447 m
3 12.03.2006   F. Alonso (Renault) 1:29:46,205 h M. Schumacher K. Räikkönen M. Schumacher 1:31,431 m N. Rosberg 1:32,408 m
4 15.04.2007   F. Massa (Ferrari) 1:33:27,515 h L. Hamilton K. Räikkönen F. Massa 1:32,652 m F. Massa 1:34,067 m
5 06.04.2008   F. Massa (Ferrari) 1:31:06,970 h K. Räikkönen R. Kubica R. Kubica 1:33,096 m H. Kovalainen 1:33,193 m
6 26.04.2009   J. Button (Brawn) 1:31:48,182 h S. Vettel J. Trulli J. Trulli 1:33,431 m J. Trulli 1:34,556 m
71 14.03.2010   F. Alonso (Ferrari) 1:39:20,396 h F. Massa L. Hamilton S. Vettel 1:54,101 m F. Alonso 1:58,287 m
2011 Cancelado debido a protestas políticas
8 22.04.2012   S. Vettel (Red Bull) 1:35:10,990 h K. Räikkönen R. Grosjean S. Vettel 1:32,422 m S. Vettel 1:36,379 m
9 21.04.2013   S. Vettel (Red Bull) 1:36:00,498 h K. Räikkönen R. Grosjean N. Rosberg 1:32,330 m S. Vettel 1:36,961 m
10 06.04.2014   L. Hamilton (Mercedes) 1:39:42,743 h N. Rosberg S. Perez N. Rosberg 1:33,185 m N. Rosberg 1:37,020 m
11 19.04.2015   L. Hamilton (Mercedes) 1:35:05,809 h K. Räikkönen N. Rosberg L. Hamilton 1:32,571 m K. Räikkönen 1:36,311 m
12 03.04.2016   N. Rosberg (Mercedes) 1:33:34,696 h K. Räikkönen L. Hamilton L. Hamilton 1:29,493 m N. Rosberg 1:34,482 m
13 16.04.2017   S. Vettel (Ferrari) 1:33:53,373 h L. Hamilton V. Bottas V. Bottas 1:28,769 m L. Hamilton 1:32,798 m
14 08.04.2018   S. Vettel (Ferrari) 1:32:01,940 h V. Bottas L. Hamilton S. Vettel 1:27,958 m V. Bottas 1:33,740 m
15 31.03.2019   L. Hamilton (Mercedes) 1:34:21,295 h V. Bottas C. Leclerc C. Leclerc 1:27,866 m C. Leclerc 1:33,411 m
16 29.11.2020   L. Hamilton (Mercedes) 2:59:47,515 h M. Verstappen A. Albon L. Hamilton 1:27,264 m M. Verstappen 1:32,014 m
17 28.03.2021   L. Hamilton (Mercedes) 1:32:03.897 h M. Verstappen Valtteri Bottas M. Verstappen 1:28.997 m Valtteri Bottas 1:32.090 m
18 20.03.2022   C. Leclerc (Ferrari) 1:37:33.584 h C. Sainz L. Hamilton C. Leclerc 1:30.558 m C. Leclerc 1:34.570 m
19 5.03.2023   M. Verstappen (Red Bull) 1:33:56,736 h S. Pérez F. Alonso M. Verstappen 1:29,708 m Guanyu Zhou 1:33,996 m
20 2.03.2024   M. Verstappen (Red Bull) 1:31:44,742 h S. Pérez Carlos Sainz M. Verstappen 1:29.179 m M. Verstappen 1:32.608 m

1Trazado longo

Récords
Piloto: Lewis Hamilton/Sebastian Vettel (4 veces) • País: Alemaña (6) • Construtor: Ferrari (6) • Motor: Mercedes/Ferrari (6 veces) • Pneus.: Pirelli (9) • Máis Podios: Lewis Hamilton (9) • Máis podios sen gañar: Kimi Räikkönen (8) • Poles: Lewis Hamilton/Sebastian Vettel (3 veces) • Voltas rápidas: Nico Rosberg (3)

Notas editar

  1. "Bahrain International Circuit". worldofstadiums.com. Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2016. Consultado o 19 de xuño de 2016. 
  2. "Race Preview". FIA Communications Department. Arquivado dende o orixinal o 2 de abril de 2016. Consultado o 3 de abril de 2016. 
  3. "Bahrain 'tried to stop GP'". BBC News. 25 de marzo de 2004. Consultado o 13 de abril de 2007. 
  4. "Bahrain named Centre of Excellence by FIA". Formula1.com. 13 de abril de 2007. Arquivado dende o orixinal o 15 de abril de 2007. Consultado o 13 de abril de 2007. 
  5. "F1plus: Bahrain Grand Prix reinstated; race will take place on October the 30th". F1plus.com. 4 de xuño de 2011. Arquivado dende o orixinal o 24 de marzo de 2012. Consultado o 4 de xuño de 2011. 
  6. "Cybarco takes on $155 million Bahrain F1 circuit". xak.com. 4 de xuño de 2011. Arquivado dende o orixinal o 15 de abril de 2012. Consultado o 4 de xuño de 2011. 
  7. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 28 de xuño de 2012. Consultado o 06 de abril de 2014. 
  8. 8,0 8,1 "Bahrain International Circuit Info". Bahrain International Circuit. Arquivado dende o orixinal o 03 de xaneiro de 2007. Consultado o 17 de decembro de 2006. 
  9. "Schumacher admits sand fear". BBC News. 29 de marzo de 2004. Consultado o 13 de abril de 2007. 
  10. "From Shropshire to Abu Dhabi GP". BBC. 30 de outubro de 2009. Arquivado dende o orixinal o 02 de novembro de 2009. Consultado o 30 de outubro de 2009. 

Ligazóns externas editar